Concello de Ribadeo


Compartir:

Concellaría de Mocidade


A nacionalista Vanesa Yanes Rivas é a máxima responsable da Mocidade. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.

Que queremos?

O noso quere ser un traballo:
• Relacional, aberto e negociado, desde o que apostarmos por fortalecer as ideas e os valores que constrúen maior consciencia crítica, maior cohesión social e máis calidade democrática.
• Que outorgue importancia ao que, mais tamén ao como.
• Que fomente a interacción coa realidade diversa e plural para propiciar o asentamento de boas prácticas democráticas na xestión do ámbito público, do que é de todos e todas.
• Que convide ao debate, á participación, á corresponsabilidade nos proxectos, ao acompañamento e avaliación do traballo.
• Que sexa activo, mais tamén variado, flexíbel e capaz de se adaptar á natureza, vontade e necesidades dos axentes cos que traballemos: seremos punto de encontro, motor de iniciativas, espazo físico ou virtual, nódulo de dinámicas, caixa de recursos, opción de financiamento,...

Servizos que ofrecemos

• Facilitamos información sobre a oferta de programas de lecer, tempo libre e formación que desenvolven para a mocidade as diferentes administracións.
• Prestamos apoio aos estudantes universitarios de Ribadeo.
• Ofrecemos apoio na busca de vivenda, na formación continua e na inserción laboral da mocidade de Ribadeo.
• Apoiamos a creación artística da mocidade ribadense.
• Favorecemos o coñecemento, a posta en valor e a difusión da historia, a memoria e o patrimonio de Ribadeo entre a mocidade.
• Apostamos pola sensibilización dos mozos e mozas na igualdade de xénero, na sostinibilidade medioambiental e na diversidade cultural e lingüística.
• Dámos información á mocidade en ámbitos como a sexualidade, as drogodependencias, a violencia de xénero,...
• Xeramos, xunto con outros colectivos, alternativas de lecer e de ocio para a xente nova.
• Potenciamos a práctica deportiva xuvenil en Ribadeo.
• Orientamos a vontade de cooperación solidaria da xente moza cara as necesidades concretas que existen no noso Concello.
• Creamos novas fórmulas de mediación para detectar os desexos, as necesidades e os problemas da mocidade de Ribadeo.
• Impulsamos canles de interlocución e participación da mocidade en relación aos servizos e políticas do Concello.
Vanesa Yanes Rivas

Vanesa Yanes Rivas

A onde dirixirse

Área de Mocidade
Casa da Xuventude
Rúa Antonio Otero, 15
27700 Ribadeo
Teléfono:982 129 889
Correo electrónico: omixa r r o b aribadeo.org
Web: Mocidade Ribadeo



© 2008 Concello de Ribadeo