Concello de Ribadeo


Compartir:

Concellaría de Medio Ambiente e Deportes


O nacionalista Jorge Díaz Freije é o máxima responsable da Concellaría de Medio Ambiente e Deportes. Coñece aquí as competencias e os obxectivos que ten marcada esta Concellaría en cada unha das súas áreas.

Área de Medio Ambiente

Que queremos?
O noso quere ser un traballo:
• Que axude á construción dun concello sostíbel que mellore a calidade de vida das veciñas e veciños de Ribadeo.
• Que incorpore as variábeis ambientais ao funcionamento da administración local.
• Que traballe en prol de sistemas de depuración de augas máis modernos e que causen o menor impacto posíbel no medio natural.
• Que manteña a calidade dos areais do Concello de Ribadeo.
• Que coide dos espazos naturais do concello, en especial daqueles que forman parte da Rede Natura ou dos LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.
• Que garanta os dereitos dos consumidores/as, respondendo de xeito eficiente as súas demandas.
• Que mellore a xestión do cemiterio municipal.
Servizos que ofrecemos
• Control, a través dun sistema de xestión ambiental, da eficiencia enerxética dos edificios municipais.
• Asesoramento á cidadanía en materia de sostenibilidade.
• Programa de recollida selectiva de residuos para un mellor tratamento posterior dos mesmos.
• Xestión do Punto Limpo municipal.
• Posta en marcha do servizo de compostaxe caseiro.
• Limpeza e mantemento das praias e coordinación das distincións "Bandeira Azul" e "Q de Calidade Turística" dos areais.
• Adecentamento das áreas públicas de lecer coas que conta Ribadeo.
• Xestión da Oficina Municipal de Información aos Consumidores/as.
• Xestión e coidado do ceminterio municipal.

Área de Deportes

Desde a área de Deportes quérese aproveitar e potenciar a organización das persoas para favorecer a vertebración da sociedade e aumentar o número de colectivos que configura o panorama deportivo ribadense, colaborando cos xa existentes e desenvolvendo actividades que cheguen a toda a cidadanía.
Entre os moitos obxectivos marcados están os de incrementar a cantidade e a calidade destas actividades e do número de participantes, inducir á práctica deportiva aos novos colectivos, fomentar a participación cidadá na xestión deportiva, potenciar o deporte de base, mellorar as infraestruturas e equipamentos deportivos municipais e, sobre todo, fomentar a solidariedade co conxunto do territorio e a promoción de valores transversais asociados á práctica do deporte (respecto polo medio ambiente, igualdade de sexos...).

Jorge Díaz Freije

Jorge Díaz Freije

A onde dirixirse

DEPORTES
Casa da Xuventude
Rúa Antonio Otero 15,
27700 Ribadeo
  • Deportes: 982 129 889
  • deportesa r r o b aribadeo.org
  • Web: Deportes Ribadeo

    MEDIO AMBIENTE
    Casa do Concello
    Prza de España 1
    27700 Ribadeo
    • Tlf: 982 120 701
    • sostibilidadea r r o b aribadeo.org




© 2008 Concello de Ribadeo