Concello de Ribadeo


Compartir:

Concellaría de Cultura e Consumo


A nacionalista Pilar Otero Cabarcos ocupa o cargo de concelleira de Cultura e Consumo. A continuación ofrecémosche un breve resumo das competencias e obxectivos que ten asignada cada unha das áreas das que é responsable.

A oferta cultural que ofrece o noso concello é variada canto a públicos e tamén canto a propostas.
Todas as semanas se poder acudir a un ou varios destes eventos: funcións teatrais, concertos, espectáculos de danza, de novo circo, de maxia, proxeccións de cinema e documental, exposicións de artes plásticas, presentación de libros, charlas divulgativas, etc.
Pódense achar estas propostas nas parroquias do rural, no noso auditorio municipal, no antigo cine teatro, no salón de actos da casa do mar… e por suposto, en rúas e prazas.
A información presentámola por trimestres a través de axendas impresas, e de xeito case diario, a través do facebook de Cultura Ribadeo.
Movémonos sempre nuns parámetros que consideramos esenciais: a calidade dos eventos, a estabilidade na súa programación e a posta en valor dos produtos culturais galegos en xeral, e ribadenses en particular.

A biblioteca municipal de Ribadeo, de nome Biblioteca El Viejo Pancho, está situada na rúa Antonio Otero, 17. É unha das principais institucións culturais da vila e tomou o seu nome actual do pseudónimo do escritor local José María Alonso Trelles y Jarén. Conta na actualidade cuns 56.640 volumes. Destes, uns 12.000 pertencen ao fondo Dionisio Gamallo Fierros e uns 6.000 pertencen ao fondo Daniel Cortezón.
O obxectivo da Biblioteca é ser un centro de acceso ao coñecemento, información e cultura para as/os ribadenses. Ademais de ser un axente promotor da lectura, procura ser un lugar para a aprendizaxe e apoio aos procesos educativos dende as idades máis temperás.

A oficina de consumo de Ribadeo está pensada para axudar as veciñas e veciños en tanto compradores de produtos das tipoloxías máis diversas.
Neste sentido recíbense, rexístranse, dáse xustificante de recepción e remítense aos órganos competentes as denuncias e reclamacións. Pode tamén servir de canle de mediación voluntaria nos conflitos se for o caso.
Dáse información, axuda e orientación ás persoas maiores consumidoras, para o adecuado exercicio dos seus dereitos.
E por último, considérase moi importante programar actividades formativas dirixidas ás persoas consumidoras para coñecer os dereitos e obrigas e a maneira de exercerlos.

Pilar Otero Cabarcos

Pilar Otero Cabarcos

A onde dirixirse

Área de Cultura e consumo
Casa El Viejo Pancho
R/ El Viejo Pancho 12
27700 Ribadeo
Teléfonos: 982.131.565
Correo electrónico: culturaa r r o b aribadeo.org



© 2008 Concello de Ribadeo