Concello de Ribadeo


Compartir:

Educación medioambiental


A Concellaría de Medio Ambiente, en liña coa súa política ambiental, realiza cada ano unha serie de campañas e actividades dirixidas a informar e sensibilizar en diferentes ámbitos relacionados co medio natural co obxectivo de acadar un municipio cada vez máis concienciado da importancia do coidado e o respecto polo noso entorno.

Xornadas Medioambientais

O Concello de Ribadeo celebra cada ano as 'Xornadas Medioambientais' en torno a un tema de actualidade relacionado co medio natural. Debido á súa calidade e á boa aceptación que teñen por parte da cidadanía, convertéronse xa nun referente dentro das actividades de formación ambiental que se levan a cabo na Mariña.

Parte do éxito destas xornadas débese á colaboración da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, moi comprometida con este proxecto, e de outras entidades privadas.

Logo de XII edicións, as Xornadas Medioambientais alcanzaron xa un alto índice de aceptación entre o público asistente, debido sobre todo á relevancia e ao número de expertos que ten participado nelas, o que as levou a acadar a declaración de interese ambiental por parte da devandita Consellaría. Para o desenvolvemento de cada novo programa sempre se teñen en conta as suxestións, opinións e peticións dos asistentes ás xornadas anteriores.

O profesor Francisco Peña, como director técnico en colaboración con Novotec Consultores, está a cooperar co concello na organización destas xornadas, dirixidas especialmente aos/ás alumnos/as universitarios e ao profesorado de ensino universitario, pero tamén a todas as persoas interesadas en participar.

Este verán celebráronse as XII 'Xornadas Ambientais' baixo o título 'O camiño cara ao desenvolvemento sustentable da Mariña lucense', un foro de debate sobre a problemática actual que afecta ao medio rural e aos sectores forestal, urbanístico, turístico e medio mariño da zona.
Charla medio ambitental Formación


© 2008 Concello de Ribadeo