Concello de Ribadeo


Compartir:

Residuos


O Concello de Ribadeo realiza unha recollida selectiva dos residuos en colaboración coa súa cidadanía, xa que este sistema require dun importante grao de concienciación e colaboración por parte de todos/as os/as ribadenses.

Segundo a súa clase, os residuos deben repararse e depositarse nos seguintes colectores:
Colector xenérico (bolsa negra): normalmente de cor verde escura. Nel deposítase a materia orgánica xerada nos domicilios, por exemplo restos de comidas, papeis impregnados de graxa, restos de roupa, trapos...

Colector amarelo: convén que todos os residuos que vaian a este colector se baleiren primeiro de líquidos e restos de comida e, sempre que sexa posible, se trate de reducir o seu volume. Nel pódense depositar:
  • Envases de Plástico: de auga, de aceite, vinagre, iogures, de produtos de limpeza, bandexas brancas de alimentos, tarros plásticos de queixos, bolsas de plástico...
  • Metal: latas de bebidas, de conservas, tubos de pasta de dentes, esprais de cosmética (lacas, espumas...), papel de aluminio, tapas metálicas dos frascos.
  • Envases tipo brick: de leite, zume, caldos, tomate, viño...
  • Bolsas e envoltorios de plástico e aluminio: os de alimentos, as bolsas de plástico das tendas, o plástico transparente que acompaña ás bandexas de carne, froita, ou que envolve revistas, xornais...
Colector azul: este é o colector do papel e o cartón: para xornais; revistas; cadernos (sen espirais); sobres (sen as ventás plásticas); papel de agasallos, oveiras de cartón, envoltorios de azucre, bolsas de papel; caixas de zapatos, galletas, cereais, tabaco... É recomendable pregar os papeis e cartóns antes de introducilos nel e reutilizar as bolsas de papel para gardar e transportar todos estes residuos ao colector.

Iglú verde: este é o colector do vidro, para depositar botellas de auga, viño, licores, cervexa...; tarros de marmelada, olivas, mel...; frascos de hortalizas, cosmética; perfumería... En ningún caso se deben tirar nel as tapas ou chapas das botellas e os tarros, lámpadas, espellos, vasos, copas, pratos, obxectos de louza ou cerámica, cristais de ventás...

Outros residuos

Pilas: poden levarse directamente ao punto limpo ou depositalas nos contedores que recolle mensualmente o persoal municipal.

Obxectos metálicos e/ou de madeira: o primeiro martes de cada mes os servizos municipais recollen os metálicos a domicilio. No caso de obxectos de madeira, mobles... a recollida é o último martes de cada mes. Para calquera dos dous casos é necesario cubrir o impreso que axuntamos na columna da dereita e deixalo nas oficinas municipais ou comunicarllo telefonicamente ao Concello.

Aceites de hostalería

Residuos agrarios (plásticos de silos e invernadoiros): recóllense o último venres de cada mes. Debe cubrirse un impreso o impreso que axuntamos na columna da dereita e deixalo nas oficinas municipais ou comunicarllo telefonicamente ao Concello.
Os residuos acumulados só poden ser plásticos agrícolas e estar o máis limpos posibles, atados ou recollidos de tal xeito que faciliten a súa recollida.

Medicamentos: os envases baleiros ou con restos de medicamentos, así como os medicamentos caducados, requiren dunha recollida específica, polo que non se deben depositar no lixo nin mesturar con outros residuos. Deben deixarse pola contra nos colectores que se atopan nas farmacias adheridas ao sistema de recollida selectiva SIGRE. Todo o que precisas saber para eliminar estes residuos correctamente podes atopalo aquí.
Punto limpo de Ribadeo

Punto limpo de Ribadeo

Trámites

FAQ's

Documentación



© 2008 Concello de Ribadeo