Concello de Ribadeo


Compartir:

Trámites


Recollida de residuos agrarios

O Concello de Ribadeo dispón dun servizo de recollida de plásticos usados procedentes de silos e invernadoiros.

Datas de recollida:

As recollidas ordinarias establécense nos meses de marzo e setembro, sen prexuízo de que se podan acometer recollidas extraordinarias.


Requisitos:

As persoas que solicitasen este servizo no Concello deben ter dispostos os residuos a mañá do día que se indique que comeza o servizo, colocándoos correctamente dobrados  e sen ningún outro tipo de residuos, sen obstaculizar a rúa ou a beirarrúa. 


Lugar de solicitude:

A solicitude deberá trasladarse á Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo, ben persoalmente na oficina, ou a través do teléfono 982 120 701 ou correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org, sempre antes do venres anterior á semana na que comece a recollida á cal se dará difusión.





© 2008 Concello de Ribadeo