Concello de Ribadeo


Compartir:

Trámites


Ficha de terceiros

O documento alta de terceiro e/ou modificación de datos bancarios esixirase a todas as persoas físicas ou xurídicas que inicien ou manteñan con este Concello calquera relación que implique ou poida implicar o pago por prestacións de bens ou servizos, subvencións ou axudas.

Só é necesario facilitala unha vez, salvo que se desexe modificar ou cancelar os seus datos. A modificación da Ficha de Terceiros presentada tamén deben cumprimentarse por quen, estando dado de alta con anterioridade, desexe modificar algún dos datos iniciais. Resulta necesario que se comuniquen as posibles variacións que se produzan, en especial no domicilio e conta corrente, para evitar posibles prexuízos no momento de realizar o pago ou de recibir a notificación onde se detalla a natureza do pago que se realiza.

É imprescindible a validación da conta pola entidade financeira onde estea aberta, co fin de evitar erros no pago ou aportar fotocopia da libreta de aforro, certificados bancarios ou calquera outro documento expedido pola propia entidade.

Non se aceptarán Fichas de Terceiros que teñan emendas. Deberán estar debidamente cumprimentadas, e ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica.


Documentación




© 2008 Concello de Ribadeo