Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Avisos


A RECADACIÓN TOTAL EN 2018 ASCENDE A MÁIS DE 25 MIL EUROS

Taxas das terrazas

Do 22 de xaneiro ao 21 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o período de pagamento voluntario das taxas sobre utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local con elementos de finalidade lucrativa (terrazas-bar) para o exercicio de 2018. 

En total a recadación ascenderá a 25.172 euros. 

Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o executivo que determina a esixencia dos xuros de mora e dos recargos correspondentes.




© 2008 Concello de Ribadeo