DÍAZ FREIJE AGARDA QUE QUEDEN LISTAS HOXE, VENRES
A Concellaría de Deportes realiza hoxe traballos de mellora no Campo da Vía, no recinto de adestramento de atletismo. Estase a dotar a dunha capa de xabre, unha terra areosa, que o fará máis practicable.
BARCIA PIDE QUE SE CUMPRAN CON TODAS AS RECOMENDACIÓNS
O cribado xeral realizado nas últimas horas no Hospital Asilo deu como resultado 5 novos casos positivos por covid19, segundo ven de dar a coñecer o alcalde, Fernando Suárez, que asegura tamén que outras 5 persoas superaron a doenza e teñen inmunidade xerada contra este virus.
ESTE MÉRCORES FARASE UN NOVO CRIBADO XERAL NO CENTRO
Dous residentes do Hospital Asilo, que foron trasladados a Santiago hai días, faleceron nas últimas horas. Trátase de persoas de avanzada idade (99 e 91 anos), que se atopan nun estado moi fráxil e con patoloxías previas ao coronavirus, segundo ven de informar o alcalde, Fernando Suárez. Tres usuarios mais retornan a Ribadeo despois de superar o covid e de ter xerado inmunidade contra este virus.
O RESTO DO ENFERMOS EVOLUCIONAN CON NORMALIDADE
Volven ao Hospital Asilo, despois de superar o covid-19, catro dos usuarios que foran trasladados ao Cegadi en Santiago de Compostela, segundo deu a coñecer este sábado o alcalde, Fernando Suárez. Estas persoas superaron a doenza, deron negativo nos controis de PCRs e teñen inmunidade xerada contra o coronavirus.
TRABALLO CONXUNTO PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS OCASIONADOS
O Concello adxudicou os traballos de campo e definición de trazado de detalle no termo municipal de Ribadeo da nova condición xeral para o subministro de auga potable desde Trabada. Este contrato, que conta cun investimento de 17.968,50 euros, foi adxudicado á empresa de enxeñería Idom Consulting, Engineering, Architecture S.A.U.
O CONCELLO PROCEDERÁ AO SEU REPARTO
Rematou o 4 de decembro o prazo de solicitude de axudas para repoboar con frondosas as faixas de protección de vivendas e núcleos de poboación fronte aos incendios forestais. Foron 23 as peticións realizadas para a repoboación de 44 parcelas, que supoñen máis de 13 hectáreas de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa marcadas polo Plan de Incendios do Concello de Ribadeo, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo