HABERÁ MAIS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE MARZO
A escultura "Son o poder dentro de min", en homenaxe á muller, foi inaugurada este mediodía na Praza 8 de Marzo. Deseñada pola artista Ana Vidal Suárez foi realizada polos Ferreiros de Mazonovo. Este é un dos actos organizados pola Concellaría de Igualdade para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.
A PRIMEIRA RECIBIRONA O PASADO 12 DE FEBREIRO
Todos os usuarios e usuarias así como o persoal do Hospital Asilo de Ribadeo recibiron hoxe a segunda dose da vecina contra o covid 19. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "por este motivo estamos moi esperanzados no Concello".
VOLVEN AS CAIXAS DE BENVIDA
"Palma Repalma" é o programa do que gozarán todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos. O día 7 Baobab Teatro estará no auditorio municipal con Ris Ras. Dentro do Apego a Concellaría de Cultura programa tamén propostas activas para as familias, segundo anunciou Pilar Otero Cabarcos.
PODERÁN RECOLLERESE DE 9 A 14 HORAS DE LUNS A VENRES
O Concello de Ribadeo repartirá de xeito gratuíto a partires do vindeiro luns, 8 de marzo, 500 botes de produto desinfectante entre os propietarios de cans. O obxectivo é conciencialos da obriga de limpar os ouriñes das mascotas, algo que recolle a nova ordenanza de medio ambiente.
A TAREFA SEGUIRÁ DESPOIS POLO INTERIOR
O Concello de Ribadeo realiza estes días a limpeza de cunetas en estradas das parroquias costeiras. Os traballos estanse a acometer con medios propios e tamén externos.
O APEGO OFRECERÁ TAMÉN VARIAS PROPOSTAS PARA XS BEBÉS
A axenda da Concellaría de Cultura ribadense para os vindeiros meses arrincará este sábado, 6 de marzo, co concerto que ofrecerá Jamila Purofilin. A programación inclúe máis música, teatro con Chévere, Amorodos e Talía e diferentes propostas para os máis pequenos e pequenas da casa.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo