A ENTRADA É DE BALDE
O grupo teatral A Mariña presentará en Ribadeo "A maxia dos sentimentos". Será o domingo, 29 de novembro, no Teatro. A obra está destinada ao pùblico infantil.
RINLO, COVELAS E REMOURELLE, TAMÉN PENDENTES DE MELLORAS
O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance positivo da subvención de 90.000 euros que lle acaba de conceder a Deputación ao Concello para proceder ao arranxo da escola parroquial de Cedofeita, que en palabras do rexedor "era un perigo polo seu estado de conservación estrutural". A eses 90.000 euros, repartidos en dúas anualidades, súmanse 40.000 euros máis que aportará o Concello para levar adiante esas obras.
OS CONCERTOS SERÁN OS DÍAS 6, 8 E 12 DE DECEMBRO
Ribadeo recupera neste vindeiro mes de decembro o seu festival de jazz e blues despois de tres anos sen celebrarse. No auditorio municipal Hernán Naval haberá concertos de Travellin´ Brothers, Summrá e Zenet, para os que as entradas xa están á venda. Ademais o programa inclúe unha exposición fotográfica de Cris Andina na oficina de turismo ribadense.
DENOMÍNASE RIBADEOXQSI
O Concello, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, poñerá en marcha un novo obradoiro de emprego, que dará comezo en decembro e terá unha duración de 9 meses. Suporá a creación de 20 postos de traballo entre a poboación de Ribadeo e estará centrado no turismo e nas novas tecnoloxías.
DESDE O CONCELLO PIDEN PACIENCIA Á VECIÑANZA
A concelleira de Obras, Mónica Freire, acompañada polo alcalde, Fernando Suárez, e polo edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, supervisou as obras de renovación do pavimento que se están a acometer na rúa Pico de Coaña. O investimento é de 30.000 euros e os traballos estarán rematados a mediados de decembro.
APROBADA A MODIFICACIÓN DAS TAXAS DA AUGA E DO LIXO
No pleno ordinario celebrado onte no Concello foi aprobado por unanimidade demandar por terceira vez o compromiso da Xunta co vial dos Garitos. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que o que lle esixen é que diga si ou non e canto pon e cando. Na sesión foi aprobado ademais un plan de acción de loita contra o cambio climático.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo