Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

A ACTIVIDADE É GRATUÍTA

Tarde de xogos o 16 de febreiro

13/02/2020

Remata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira. E o domingo, 16 de febreiro, haberá unha sesión de xogos, obradoiros e baile para nenxs a partir de 4 anos na pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño.

ORGANIZAN A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E O CIM

Maxia pola Igualdade

13/02/2020

Mañá, venres, ás 11:00 horas o alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, asistirán ao teatro para ver un espectáculo de maxia titulado "Maxia pola Igualdade", a cargo da ilusionista Fani Triana.

O 29 DESTE MES HABERÁ TAMÉN UNHA CHARLA NA CASA DO MAR

Trampas para velutinas

13/02/2020

O Concello, en colaboración coa asociación Os Abelleiros, colocará ao longo dos vindeiros días trampas en diferentes puntos do casco urbano para loitar contra a avespa velutina. A campaña foi presentada pola concelleira de Obras, Mónica Freire, e por Antonio Valea e Marcos Villamil, secretario e presidente respectivamente de Os Abelleiros.

BARCIA AGRADECE A COLABORACIÓN VECIÑAL

Incendio en Ove

11/02/2020

O alcalde, Fernando Suárez, amosou o seu desgusto, a rabia e a preocupación tras o novo incendio rexistrado en Ove, algo que xa se leva producido preto de trinta veces nos últimos anos. O autor ou autores sempre aproveitan os días de tempo seco con vendaval para provocar este lume. Suárez Barcia non entende qué graza lles ten acabar co patrimonio natural, poñer en perigo o tren ou mesmo as vidas das persoas que traballan na súa extinción. O rexedor agarda que o cerco sobre o autor ou autores deste lume se estreite.

E MOCIÓNS EN MATERIA DE INFRAESTRUTURAS

Aprobado o orzamento de 2020

07/02/2020

O Concello aprobou, no pleno ordinario celebrado onte, o orzamento para 2020 que ascende a más de 9 millóns de euros, dos que 1.500.000 van destinados a gasto social e 800.000 euros a investimentos propios. O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, subliñou que os niveis de endebedamento son moi baixos, cunha ratio do 17% cando a lei permite chegar ata o 110%.

DE RIBADEO PARTIRÁ UN BUS O DOMINGO ÁS 8:45 HORAS

Manifestación en Santiago

06/02/2020

O Concello de Ribadeo apoia a manifestación por unha sanidade pública na Mariña de calidade e de proximidade, que se celebrará o vindeiro domingo, 9 de febreiro, en Santiago de Compostela, ás 12:00 do mediodía, con saída desde a Alameda.





© 2008 Concello de Ribadeo