CONTARÁ CON AUGA QUENTE, SERVIZO DO QUE NON DISPOÑÍA
O Concello acaba de licitar as obras de mellora e ampliación do hangar de piragüismo, que suporán un investimento de máis de 50.000 euros e un prazo de execución de 5 semanas. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas contan con 20 días naturais, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O 8 DE XANEIRO A ENTRADA SERÁ LIBRE
Arrincou a segunda edición do RibaXogo na gran carpa instalada no parque de San Francisco. Os tíckets para acceder poderán conseguirse en comercios, en establecementos hostaleiros e de servizos, en calquera micropeme ou pequena empresa de Ribadeo, de calquera sector, despois de ter feito unha compra ou de ter consumido por un importe superior a 5 euros.
CUMPRINDO COAS OBRIGAS QUE MARCA A LEI
O Concello segue na loita contra os incendios forestais. Na sede electrónica acaban de ser publicadas unhas bases destinadas á nova entrega de árbores ás persoas responsables de redes secundarias de faixas de protección de biomasa no termo municipal de Ribadeo. En total destínanse 9.000 euros a este fin. A veciñanza interesada pode presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 20 de xaneiro, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
PODEN EMPREGARSE ATA O 31 DE DECEMBRO
A cuarta edición da moeda local, a Pancha, está tocando á súa fin coa adquisición das 200.000 panchas que se puxeron en circulación o pasado 1 de outubro. Dende o inicio da campaña leváronse a cabo máis de 3.300 operacións coa moeda local, cun aforro de máis do 33% en cada unha delas.
DAVID RIVAS DEU A COÑECER O CALENDARIO PREVISTO
A Concellaría de Mocidade deseñou un amplo programa de actividades de Nadal, que inclúen cine, deportes e teatro.
A EDIL AGRADECE A PARTICIPACIÓN DAS ASISTENTES
O Consello Municipal das Mulleres de Ribadeo volveu reunirse de maneira presencial, baixo a presidencia da concelleira de Igualdade, Monica Freire Rancaño.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo