Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

BARCIA DI QUE "TODO O QUE FAI A XUNTA NESTA MATERIA É FUME"

Medios contra os lumes

28/05/2020

O alcalde, Fernando Suárez, asegura que os medios empregados para apagar o incendio que se rexistrou na xornada de onte foron os axeitados. O rexedor resposta así ao PP por ter cuestionado “a actuación modélica e exemplar do Concello de Ribadeo na loita contra os lumes” e pregúntalle ao voceiro popular por qué a Xunta non se ofreceu a colaborar co Concello en todo o proceso de limpeza de fincas levado adiante nos últimos anos.

A POLICÍA LOCAL ENCÁRGASE DO SEU REPARTO

Material para os negocios

28/05/2020

A Concellaría de Comercio presentou hoxe o material informativo que reparte entre os negocios locais coas medidas de hixiene e protección que deben ter en conta tanto eles como a súa clientela para loitar contra o Covid-19.

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA A EDICIÓN DO VINDEIRO ANO

Cancelado o Ribadeo Indiano 2020

27/05/2020

Cancelado o Ribadeo Indiano 2020, que se ía celebrar do 10 ao 12 de xullo. Así o decidiron esta tarde o Concello e Acisa. Os organizadores antepoñen a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o Covid-19 e póñense a traballar na edición de 2021.

MAÑÁ, MÉRCORES, HABERÁ MÁIS POSTOS NO MERCADO SEMANAL

Renumeración de vivendas

26/05/2020

O alcalde, Fernando Suárez, envía un aviso aos establecementos de venda ao público nos que non se están a gardar as medidas de seguridade necesarias para facerlle fronte ao Covid-19. O rexedor subliña que se eses locais non son capaces de garantir esas distancias o que teñen que facer é sinalizar un circuíto de entrada e outro de saída para evitar o contacto entre as persoas. Por outra banda, os propietarios dos inmobles afectados pola renumeración, que deu comezo hai uns meses, disporán ata finais do presente ano 2020 para proceder a facer os cambios correspondentes. Ata decembro convivirán os números antigos cos novos.

A CITA PREVIA PODE SOLICITARSE NO 982 120 701

Atención presencial

25/05/2020

O Concello de Ribadeo afronta a fase 2 da desescalada con novidades no seu funcionamento. Comeza a prestar atención presencial, pero con cita previa. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o teléfono e a administración electrónica seguen a ser os medios preferentes, pero cando isto non sexa posible e os veciños e veciñas teñan que achegarse ao Concello deberán facelo solicitando cita previa. Cando a veciñanza acuda ao Pazo de Ibáñez deberá facelo cumprindo con todas as medidas de seguridade e protección.

O REXEDOR ALUDE AO ARTIGO 9.2 DO BOE PUBLICADO HOXE

Cartas aos presidentes galego e asturiano

22/05/2020

O alcalde, Fernando Suárez, vén de enviarlles sendas cartas aos presidentes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias solicitándolles que se dirixan ao Ministerio de Sanidade para conseguir que se permita a mobilidade entre Ribadeo e os concellos limítrofes do Occidente astur. Alude aos lazos afectivos, familiares e emocionais "entre unha poboación separada por unha raia administrativa" e ás relacións comerciais entre ambas zonas.





© 2008 Concello de Ribadeo