XA SE PODE CONSULTAR NA WEB DO CONCELLO RIBADENSE
O Concello de Ribadeo procederá a renumerar os edificios e vivendas tras as moitas queixas recibidas por parte da veciñanza, sobre todo das parroquias, polos problemas acontecidos coa entrega de cartas ordinarias e certificadas por parte do serv izo público de Correos. A partir do 1 de xaneiro de 2020 procederase á implantación da nova numeración realizada polos servizos municipais e ata o 30 de xuño manteranse as dúas numeracións para que se poidan facer as adaptacións procedentes.
A VI GALA DO DEPORTE TERÁ LUGAR O 31 DE OUTUBRO
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, fai un balance moi positivo da acollida que están a ter as escolas deportivas que organiza o Concello. Nas doce que se ofrecen durante o inverno inscribíronse 447 nenas e nenos. E nas cinco que houbo no verán participaron 94 rapaces.
ASÍ ELIMÍNANSE CHEIROS INNECESARIOS NA RÚA
O Concello fixo entrega hoxe de 14 contedores para uso exclusivo dos supermercados da vila e das vendedoras e vendedores da praza de abastos de Ribadeo. Ata esta instalación se desprazaron os concelleiros de Medio Ambiente e de Desenvolvemento Local, Jorge Díaz e Pablo Vizoso. Xunto a eles estivo o presidente da asociación de praceiros, Manuel González.
A PRIMEIRA A UN CONCELLO DA MARIÑA
O alcalde, Fernando Suárez, mantivo un encontro este mediodía no seu despacho no Concello co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, que hoxe visitou Ribadeo para coñecer de primeira man as súas necesidades e preocupacións. Despois de pasar polo Pazo de Ibáñez ambos supervisaron as obras que as dúas institucións están a sufragar no terreo de xogo do campo municipal Pepe Barrera.
O PÚBLICO XERAL PODERÁ VER A CINTA ESTE XOVES ÁS 20:30 HORAS
O cineasta Óliver Laxe estivo en hoxe na vila. Nas dúas salas de Cine Ribadeo proxectouse a súa última película "O que arde", premiada nos festivais de Cannes e de San Sebastián. Ao pase asistiron alumnado e profesorado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, do CIFP Porta da Auga e dos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz, ademais de usuarios do Centro de Día. Ao seu remate tivo lugar un coloquio con Óliver Laxe no que respondeu ás preguntas que lle fixeron os asistentes e no que o director tamén preguntou moito aos rapaces.
NA VILA RESIDEN 6.975 PERSOAS
Ribadeo conta na actualidade con 10.017 habitantes, algo que se debe aos nacementos rexistrados, pero sobre todo á xente que se empadroa e elixe esta vila para vivir. O 70% da poboación reside na localidade e o 30% nas parroquias. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que o Concello seguirá a apostar polo rural para tentar minimizar a súa desertización.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo