Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

BARCIA FIXO UNHA CHAMADA A DEFENDER A DIGNIDADE HUMANA

Ofrenda aos Remedios

15/09/2019

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, realizou a ofrenda aos Remedios en Mondoñedo. No seu discurso referiuse á erradicación da violencia de xénero e á valoración e á defensa do medio natural e non quixo deixar de preguntarse "¿qué faría Xesús coas persoas do Open Arms ou do Ocean Viking? ¿qué pensaría ao ver a reacción de Estados formalmente demócratas que se escudan na burocracia para negar ou criminalizar o acollemento? ¿qué pensaría dos ricos que ofreceron reconstruír Notre Dame ao pouco do incendio mais que son complemente alleos ao afogamento de crianzas no Mediterráneo".

CON ELES ESTIVERON FERNANDO SUÁREZ E PILAR OTERO

Recepción a Loctudy

13/09/2019

Recepción no Concello á delegación dunha trintena de veciñas e de veciños de Loctudy, poboación da Bretaña francesa coa que está irmandada Ribadeo, que estes días visita a localidade.

O CONCELLO ENVIOU VARIOS REQUIRIMENTOS Á XUNTA

Camiño Natural do Cantábrico

13/09/2019

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, agradece os traballos de limpeza realizados pola Xunta no Camiño do Mar estas últimas xornadas. O edil ribadense lembra que son competencia da administración autonómica e subliña que chegan uns días antes do seu paso por alí da Media Maratón das Catedrais, que se celebra mañá.

A EMPRESA TEN VÍA LIBRE PARA PROCEDER Á SÚA REHABILITACIÓN

Torre dos Moreno

13/09/2019

Nas últimas horas foi asinada na notaría a permuta do 21% da Torre dos Moreno, que era de propiedade municipal. O Concello recibirá un edificio rehabilitado na Praza de Abaixo, que se destinará a sede do xulgado de paz. A empresa Paisajes de Asturias dispón de 2 anos para entregalo, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez Barcia.

DARÁN COMEZO ENTRE O 16 DE SETEMBRO E O 15 DE OUTUBRO

Escolas Deportivas

11/09/2019

Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.

EDIFICIOS CON BOAS VISTAS E DE DIMENSIÓNS XENEROSAS

Nova poxa

11/09/2019

O Concello volve sacar a subasta, e faino por terceira vez, os dous inmobles da súa propiedade sitos na rúa Bispo Veres, números 2 e 4, segundo anunciou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez Barcia. O prezo de saída do edificio nº 2 será de 31.000 euros e o do nº 4 será de 47.000 euros. As persoas interesadas en facerse con algún deles teñen 45 días naturais para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos do Estado.





© 2008 Concello de Ribadeo