OS TRABALLOS SEGUIRÁN NOUTRAS INSTALACIÓNS SIMILARES
O Concello realiza obras de mellora no Teleclube de Arante. O investimento, procedente de fondos propios, ascende a 14.000 euros. Os traballos foron supervisados hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.
TRÁTASE DUNHA LOCALIZACIÓN CÉNTRICA E URBANA
O mercado semanal dos mércores seguirá a celebrarse no aparcadoiro municipal. Así o decidiron os vendedores e vendedoras na consulta realizada polo Concello de Ribadeo. O edil de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, anuncia que agora se dará entrada a aqueles postos que estaban en lista de espera aumentando así a oferta de produtos e que o seu departamento organizará actividades de dinamización.
"PARA SER LIBRES É NECESARIO PODER ELIXIR", DIXO A EDIL
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, subliñou que Ribadeo é e seguirá a ser un referente en educación en igualdade e defendeu as actividades desenvolvidas ao longo dos últimos quince anos. A edil nacionalista lembrou que este Concello foi pioneiro na provincia ao constituír a Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero na que están representados/as todos os axentes sociais e os centros de ensino ribadenses. Deste xeito responde ás críticas vertidas nesta xornada desde Vox.
É PRECISO ANOTARSE PARA ASISTIR
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 5 de maio unha charla sobre métodos de pago por internet como bizum ou criptomoedas. Será entre as 12 e as 13 horas.
O PREZO DOS PETISCOS SERÁ DE 2 EUROS
Hoxe foi presentado o cartel da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo, o concurso gastronómico que se desenvolverá do 14 ao 22 de maio en máis de 30 locais hostaleiros. Haberá sobremesas culturais, soños gastronómicos, Letras no Campo ou O Renacer do Cantil, entre outras actividades. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que unha das novidades será a fase previa voluntaria de asesoramento para os locais que o desexen a cargo do chef Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés e membro do coñecido Grupo Nove.
BARCIA DENUNCIA A FALLA DE COMPROMISO COA MARIÑA
O alcalde, Fernando Suárez, considera que A Mariña ten moitas posibilidades, pero moitas delas adormecidas por quen está na Xunta. E emósase decepcionado despois de coñecer que a firma portuguesa Altri non se instalará nesta comarca. Para Suárez Barcia queda claro "o peso que ten A Mariña para o actual goberno galego".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo