Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

RIBADEO ESTÁ PENDENTE DA XUNTA PARA PLANIFICAR O VERÁN

Bandeiras azuis 2020

09/06/2020

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, fai unha valoración positiva das bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas, así como o paseo que vai desde o faro da Illa Pancha ata As Aceas. O edil asegura que haberá outros requisitos a maiores que cumprir, debido ao Covid-19.

O DOS SÁBADOS SEGUE NA CONTORNA DA PRAZA DE ABASTOS

Mercado semanal dos mércores

08/06/2020

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercado semanal dos mércores contará esta semana coa totalidade dos postos que había na súa ubicación anterior. Para o rexedor isto suporá un novo impulso para o mercado ribadense, onde seguirá habendo estritas medidas de protección e de hixiene e onde se deberán manter as distancias de seguridade entre vendedores e compradores. Os postos estarán colocados no aparcamento municipal e na rúa Daniel Cortezón.

OS DATOS DEUNOS A COÑECER O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ

Actuacións de emerxencia social

08/06/2020

Durante o estado de alarma o Concello de Ribadeo repartiu máis de 35.000 quilos de alimentos entre 230 familias e entregou 651 cheques para canxear en supermercados e na praza de abastos.

HABERÁ UN PREMIO DE 300 EUROS POR CATEGORÍA

IV Certame Concello de Ribadeo

05/06/2020

A Concellería de Cultura anunciou que esta semana se reanudou o prazo para participar no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. A data para a presentación de traballos é ata o vindeiro 20 de xuño. A edil Pilar Otero anima a participar nesta cita.

A SEGUNDA SESIÓN SERÁ ÁS 20:30 HORAS

Plan Especial das Catedrais

05/06/2020

O Concello de Ribadeo acollerá a celebración de dous plenos extraordinarios o vindeiro martes, 9 de xuño. Na primeira das sesións, prevista para as 19:30 horas, someterase a aprobación definitiva o Plan Especial de Protección das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que "se trata dun instrumento imprescindible para mellorar os usos públicos do entorno, para favorecer os transportes públicos e para que os centos de miles de visitantes que están vindo, sigan vindo e vaian valorando, se cabe, moito máis a marabilla que temos en Ribadeo". A pleno irá tamén o convenio de colaboración con Acisa para o período 2020/2022 por importe de 55.000 euros, así como unha modificación do regulamento de acceso ao Hospital Asilo para igualar os procesos e os baremos aos da nova residencia de maiores.

DESDE O CONCELLO RECLAMAN RESPONSABILIDADE

Comportamentos incívicos

04/06/2020

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, pide máis conciencia, máis xenerosidade social e máis civismo á veciñanza. O edil criticou o comportamento das persoas que a pasada fin de semana acudiron á área recreativa de Santa Cruz e deixaron espallado pola zona o lixo que xeraron. Díaz Freije asegura que si estas condutas non se corrixen "haberá que tomar medidas".





© 2008 Concello de Ribadeo