PODERASE VER NA WE E A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo terá un mes de decembro intenso en canto a actividades a pesar da situación sanitaria actual. Neste 2020 o Festival de Nadal será virtual.
O ALCALDE E VARIOS CONCELLEIROS PASARON POR ALÍ
De comezo en Ribadeo o Mercadiño de Nadal, que está situado na contorna da praza de abastos. Conta con 14 postos nos que atoparemos produtos de alimentación, artesanía, decoración ou cerámica, entre outros.
BARCIA, DÍAZ E MUNDIÑA VISITARON A VELLA INSTALACIÓN
O Concello iniciou a recuperación ambiental do miradoiro de aves sobre a ría, que está situado en Reme na parroquia de Ove. O alcalde, Fernando Suárez, indicou que ten case 20 anos e que se foi deteriorando co paso do tempo. O investimento ascende a 24.200 euros.
20 PERSOAS DESEMPREGADAS RECIBIRÁN FORMACIÓN
Comeza a súa andadura o novo obradoiro de emprego #RibadeoXCamiño, que se desenvolverá ao longo dos vindeiros nove meses. O acto de apertura, ao que acudiron o alumnado e o profesorado participantes, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo. Con eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
XS NENXS CONTARÁN COA CASETIÑA MÁXICA
A Área de Desenvolvemento Local organiza o Mercadiño de Nadal que dará comezo mañá, 19 de decembro, na contorna da praza de abastos. Conta con 14 postos nos que se poderán atopar produtos de alimentación, artesanía, decoración de Nadal ou cerámica, entre outros. Estará aberto ata o 5 de xaneiro e haberá un amplo programa de actuacións musicais, teatrais e de maxia durante estas datas.
É UNHA DAS 38 PERSOEIRAS ELIXIDAS PARA BAUTIZAR AS AULAS
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, fíxolle entrega á atleta ribadense Ana Ferradás da réplica da placa que leva o seu nome e que se vai colgar na porta da aula de 6º de Educación Infantil do Colexio Público Gregorio Sanz e dun exemplar do xogo "A tribo" en recoñecemento pola súa traxectoria no eido deportivo, como adestradora e atleta que acadou varias medallas e triunfos.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo