Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

ESTES ESPAZOS NON SON PROPIEDADE DO CONCELLO

Obras en aparcamentos

19/12/2019

O Concello acondicionou nos últimos días o firme de varios dos aparcamentos cos que conta no núcleo urbano de Ribadeo. Os traballos foron supervisados polos concelleiros de Obras e Medio Ambiente, Mónica Freire e Jorge Díaz.

A NOVIDADE DESTE ANO É O BELÉN

Exposición de Nadal

18/12/2019

Na Oficina de Turismo, en Ribadeo, pódese visitar de martes a sábado ata o 7 de xaneiro a exposición de Nadal realizada polos participantes no programa Aquí?...Coma de 20!!!. Será en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

É NECESARIO INSCRIBIRSE E AS PRAZAS SORTEARANSE

Cursos para a mocidade

18/12/2019

A Concellaría de Mocidade organiza dous obradoiros tecnolóxicos dirixidos aos mozos e mozas ribadenses. Estes talleres serán sobre Iniciación á Robótica e Iniciación á Programación de Móbiles Android. Serán os días 26 e 27 deste mes.

É PRECISO ANOTARSE ANTES DAS 14:00 HORAS DO 19 DESTE MES

Nadal en compañía

17/12/2019

A Concellaría de Servizos Sociais ven de poñer en marcha un novo programa para aquelas persoas, maiores de 65 anos, que vivan soas e que non teñan familia coa que pasar as ceas de Noiteboa e Fin de Ano. A través desta iniciativa esas persoas poderán compartir esas datas tan sinaladas cos residentes do Centro de Atención a Persoas Maiores, a nova residencia.

FOI CORTADA O VENRES POR MOR DUNHA FOCHANCA

Aberta a estrada do monte

16/12/2019

Hoxe pola tarde quedou restablecido o tráfico na estrada do monte que foi necesario cortar o pasado venres por unha fochanca que se produciu entre o lugar de A Madanela e A Devesa. Segundo o concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, "queda pendente repoñer con aglomerado asfaltico a superficie afectada".

E RECOLLIDA DE PRODUTOS TÍPICOS DURANTE TODA A SEMANA

Festival de Nadal da EMMeD

16/12/2019

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 21 de decembro, ás 12:00 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal.





© 2008 Concello de Ribadeo