BARCIA DEMANDA QUE SE POÑA A ANDAR
O alcalde, Fernando Suárez, avogou esta mañá diante da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, pola posta en valor do plan especial das Catedrais elaborado polo Concello. Para o rexedor hai dúas actuacións importantes a acometer: un aparcadoiro para acoller o transporte público e o privado así coma o apeadoiro de Feve e a creación de carreiros de madeira ou de saburra cuns miradoiros para que a xente desde arriba poida ver As Catedrais con seguridade en marea alta.
IMPORTANTES E DEMANDADAS, SEGUNDO O NOVO EDIL
O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, e o alcalde, Fernando Suárez, supervisaron as obras de mellora en varias pistas en Remourelle. O investimento roldará os 40.000 euros. O novo edil do goberno municipal dixo que asume o seu cargo con ilusión.
TAMÉN SE SOMETERON A DEBATE VARIAS MOCIÓNS
No pleno ordinario do Concello de Ribadeo, celebrado onte, tomou posesión do seu cargo o novo concelleiro, Marcos Villamil, que se fai cargo da Área de Medio Rural. Na sesión foron aprobadas inicialmente as ordenanzas de praias e de limpeza e xestión de residuos, que agora estarán en exposición pública durante un mes para quen queira poida presentar alegacións. O equipo de goberno deu conta da doazón dunha escultura para o cemiterio municipal de Ove.
TAMÉN SE DEBATIRÁN VARIAS MOCIÓNS
No Concello de Ribadeo terá lugar esta tarde, a partir das 20:00 horas, un pleno ordinario no que tomará posesión o novo concelleiro do goberno municipal, Marcos Villamil, que substitúe a Jesús Mundiña. Na sesión serán sometidas a aprobación inicial as novas ordenanzas de limpeza e xestión de residuos e das praias.
AS PRAZAS SON LIMITADAS. É PRECISO RESERVAR
A Área de Turismo do Concello organiza durante a Semana Santa 7 percorridos guiados a través do importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. As visitas serán de balde e as prazas limitadas, segundo anunciou o concelleiro Pablo Vizoso Galdo.
O PROGRAMA APEGO SEGUIRÁ AO LONGO DOS VINDEIROS MESES
O próximo domingo, 28 de marzo, terá lugar o cuarto e último espectáculo do ciclo Palma Repalma, que a Concellaría de Cultura de Ribadeo organizou nos domingos de marzo para as familias con bebés ás cinco e media da tarde no auditorio Hernán Naval.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo