Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

A FESTA DO FÚTBOL BASE, AS FINS DE SEMANA DE XUÑO

II Torneo Cadete da SD Ribadeo

30/05/2019

Ribadeo acollerá os días 1 e 2 de xuño o II Torneo Cadete, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na localidade a 16 equipos procedentes de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela-León. Na presentación participaron a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide; o concelleiro de Deportes, David Rivas; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; o coordinador e adestrador da SD Ribadeo, Miguel Fuente; e o técnico municipal de Deportes, Iván López. Durante as restantes fins de semana deste mes de xuño disputaranse outros torneos de fútbol base organizados tamén pola SD Ribadeo.

O DOMINGO, DÍA 2, ÁS 20 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL

Actuacións da EMMeD

30/05/2019

Intensa actividade esta próxima fin de semana da EMMeD en Lugo e tamén en Ribadeo.

ACTIVIDADE HABITUAL DOS CENTROS DE ENSINO RIBADENSES

Visita ao Concello

30/05/2019

Un grupo de nenas e nenos de 3º e 4º de primaria do CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo, e do CEIP A Gándara, de Monforte de Lemos, que se atopan participando nun intercambio, estiveron hoxe no Pazo de Ibáñez e coñeceron por dentro o Concello ribadense. Ao remate desta visita fixeron unha foto de grupo xunto ao alcalde, Fernando Suárez Barcia.

OFÉRTANSE CINCO MODALIDADES

Escolas Deportivas de Verán

27/05/2019

Está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Verán, organizadas pola Concellaría de Deportes de Ribadeo. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 8 anos en diante, terán preferencia os empadroados/as ou escolarizados/as en Ribadeo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información na oficina da área de Deportes en Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero-15, ou no teléfono 982 129 889.

HABERÁ MÚSICA, OBRADOIRO, GASTRONOMÍA E REGALOS

Quere o teu mercado

23/05/2019

O Concello de Ribadeo súmase á campaña internacional "Quere o teu mercado" con diversas actividades que terán lugar na praza de abastos na mañá do vindeiro sábado, 25 de maio.

BARCIA DI QUE A OBRA VAISE FACER IGUAL

Axuda denegada pola Xunta

22/05/2019

O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o Concello renunciou a unha axuda da Xunta de infraestruturas vinculadas a servizos municipais hai uns meses, para solicitar outra destinada á mellora de infraestruturas, atendendo así ás recomendacións realizadas polos técnicos. O rexedor refírese á rúa Pintor Fierros, cuxa reforma suporía unha inversión de 60.000 euros, dos que o Concello pediulle á administración galega 40.000. Suárez Barcia di que a Xunta non quere falar do que aconteceu co Fondo de Compensación Ambiental. O Concello solicitou unha partida para mellorar un dos tres filtros da estación depuradora de auga potable do río Eo, que lle foi denegada. O alcalde ribadense pide que non tenten confundir á opinión pública.





© 2008 Concello de Ribadeo