O SERVIZO VOLVERÁ A VINDEIRA SEMANA
Mañá, 31 de decembro, non haberá recollida de cartón porta a porta, segundo informa a Concellaría de Medio Ambiente de Ribadeo.
A INAUGURACIÓN DA MELLORA DO CÉSPEDE SERÁ MAIS ADIANTE
O Viveiro proclamouse campión do LXIX Trofeo Emma Cuervo, tras vencer por 2 goles a 1 ao Compostela. O partido disputouse no novo céspede do estadio municipal Pepe Barrera, ao que acudiron ducias de afeccionados, ata un máximo de 280, que era o límite de aforo decretado polo protocolo covid da Xunta de Galicia.
BARCIA AGARDA QUE VACINEN AXIÑA NA NOVA RESIDENCIA
O alcalde, Fernando Suárez, felicita á veciñanza o 2021 e lembra que hai un ano por estas datas ninguén se podería imaxinar “o que se nos ía vir encima” coa chegada do covid. O rexedor pídelle á poboación que siga as indicacións das autoridades sanitarias para evitar laios dentro duns días. Suárez Barcia referiuse á situación no Hospital Asilo, onde mañá se realizará un novo cribado xeral, e indicou que as persoas positivas evolucionan favorablemente.
OS AGASALLADOS AGRADECERON O XESTO
O Concello de Ribadeo ofreceu esta mañá unha recepción aos dous remeiros medallistas no Campionato de España de Remo celebrado en Sevilla. Iker García Valle obtivo a medalla de prata na categoría xuvenil e Juan Lara Calonge conseguiu a de bronce en cadete. Ambos recibiron de mans do concelleiro de Deportes e do alcalde unha reprodución da Illa Pancha, realizada pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ademais de senllos diplomas. Os medallistas estiveron acompañados neste acto polas súas familias.
OS USUARIOS PRESENTAN SINTOMATOLOXÍA LEVE
Confirmados 8 novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. En total son 14 as persoas afectadas polo gromo detectado a pasada semana, 13 usuarios que foron trasladados á residencia do Cegadi en Santiago e unha relixiosa que segue en estrito confinamento en Ribadeo.
ESTA MAÑÁ FOI REALIZADO UN NOVO CRIBADO NO CENTRO
Rexistrados tres novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo. Trátase de dúas usuarias e unha relixiosa. Todas presentan sintomatoloxía leve, segundo o alcalde, Fernando Suárez.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo