Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DO NOVO ANO

Axenda cultural

02/01/2020

A axenda cultural do primeiro trimestre do novo ano en Ribadeo arrinca este venres, 3 de xaneiro, coa presentación dunha publicación manga e o sábado Lila Teatro presentará O cachopo máxico para o público familiar ás 17:30 horas no Teatro. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que seguirá o ciclo de música nas parroquias; haberá concertos con Habeles Hainas, De Vacas ou Davide Salvado e Fransy González; haberá teatro para xs nenxs e para adultos con Sarabela Teatro ou Os Quinquilláns. E ata Ribadeo chegará o actor e humorista galego Carlos Blanco.

MOI PENDENTE DOS MAIORES E DA XUVENTUDE

Mensaxe de fin de ano

31/12/2019

O alcalde, Fernando Suárez, na súa mensaxe de fin de ano asegurou que o seu equipo afronta o 2020 con moita ilusión por seguir facendo moitas cousas por Ribadeo e polos ribadenses. E agarda contar coa colaboración e a axuda da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Goberno do Estado. Suárez Barcia aludiu a unha frase de Castelao: "traballaremos para converter os soños en realidades e as ideas en feitos".

O 1 DE XANEIRO, COMO É HABITUAL, NON HABERÁ

Recollida do lixo

27/12/2019

Coa chegada do novo ano produciranse novidades no servizo de recollida do lixo en Ribadeo, que non estará operativo os días festivos, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.

ESTE ESPAZO ESTARÁ ABERTO TAMÉN O 6 DE XANEIRO POLA TARDE

Éxito de RibaXogo

27/12/2019

O concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, fai un balance positivo da asistencia a RibaXogo, o espazo de ocio infantil e xuvenil que o Concello, en colaboración con Acisa, puxo en marcha este Nadal.

SERÁ A PARTIRES DAS 20:00 HORAS

Pleno extraordinario o 30 de decembro

25/12/2019

O vindeiro luns, 30 de decembro, terá lugar un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo. Na sesión someterase a aprobación a proposta de nomeamento de Luz Pozo Garza como filla predilecta de Ribadeo; a modificación da RPT en relación a tres postos de traballo; e a declaración como Inversións Financeiramente Sostibles para unha serie de actuacións realizadas ao longo do ano.

QUE CONVIDA A REFLEXIONAR SOBRE A NOSA LINGUA

Un libro de agasallo

24/12/2019

O Concello agasalla a todo o alumnado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. As persoas interesadas en facerse co libro poden recollelo na biblioteca municipal calquera destes días, agás os festivos.





© 2008 Concello de Ribadeo