TRABALLO CONXUNTO PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS OCASIONADOS
O Concello adxudicou os traballos de campo e definición de trazado de detalle no termo municipal de Ribadeo da nova condición xeral para o subministro de auga potable desde Trabada. Este contrato, que conta cun investimento de 17.968,50 euros, foi adxudicado á empresa de enxeñería Idom Consulting, Engineering, Architecture S.A.U.
O CONCELLO PROCEDERÁ AO SEU REPARTO
Rematou o 4 de decembro o prazo de solicitude de axudas para repoboar con frondosas as faixas de protección de vivendas e núcleos de poboación fronte aos incendios forestais. Foron 23 as peticións realizadas para a repoboación de 44 parcelas, que supoñen máis de 13 hectáreas de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa marcadas polo Plan de Incendios do Concello de Ribadeo, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
OS PRIMEIROS CASOS REXISTRÁRONSE HAI DÚAS SEMANAS
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que o último cribado xeral realizado a traballadores e usuarios do Hospital Asilo deu negativo. Para o rexedor iso indica "que este gromo non vai a máis e tamén permite pensar que se produciu o punto de inflexión a partir do cal as cousas han ir a mellor". Suárez Barcia asegurou que unha das persoas residentes, que fora trasladada ao Cegadi a Santiago, recibe hoxe a alta e volta ao Hospital Asilo ribadense.
A SINTOMATOLOXÍA QUE PRESENTAN TODOS É LEVE
Rexistrados dous novos positivos por covid no Hospital Asilo de Ribadeo, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez. Trátase dunha usuaria e dunha traballadora. A primeira foi trasladada a Santiago ao Cegadi e a segunda está gardando un estrito confinamento no seu domicilio. Hoxe estase a realizar un novo cribado xeral para comprobar a progresión do gromo detectado, hai preto de quince días, neste centro.
O DISCURSO SERÁ VIRTUAL
Os Reis Magos estarán en Ribadeo mañá, martes, de cinco a sete da tarde no parque de San Francisco, no palco da música. Debido ás circunstancias actuais, derivadas da pandemia do covid, non haberá cabalgata. As nenas e os nenos poderán ver aos Reis, pero non poderán falar con eles, xa que hai que manter a distancia de seguridade.
A PRIMEIRA CITA DO NOVO ANO SERÁ O DÍA 13
O vindeiro mércores, 6 de xaneiro, non haberá mercado semanal en Ribadeo ao tratarse dunha xornada festiva de carácter estatal.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo