Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

A CULTURA CHEGARÁ TAMÉN A OUTRAS ZONAS DO CONCELLO

Músicas Comunais nas Parroquias

09/10/2019

Do 11 de outubro ao 14 de novembro terá lugar o Ciclo de Músicas Comunais nas Parroquias, que organiza a Concellaría de Cultura coa colaboración da asociación A Tribo da Travesía. Serán catro actuacións que terán lugar nas igrexas de Ove e da Devesa, na escola de Cedofeita e no teleclube de Santalla. No acto de presentación que tivo lugar esta tarde na igrexa da Devesa participaron a concelleira de Cultura, Pilar Otero; o párroco Pepe Boullosa, a cantante Ugía Pedreira, e Eduardo Rodríguez, da asociación de veciños de Cedofeita.

AS PROXECCIÓNS SERÁN NO CINE RIBADEO

O que arde, en Ribadeo

08/10/2019

A película "O que arde", de Óliver Laxe, vaise proxectar a vindeira semana en Ribadeo. O día 15 haberá un pase para os centros de ensino e ao remate o director participará nun coloquio cos asistentes e o 17 de outubro será o pase para o público xeral, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

Haberá degustacións gastronómicas e música en directo

XII Feira da Horta

08/10/2019

O vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar a XII Feira da Horta, nas inmediacións da praza de abastos de 9 a 14 horas. Con esta cita rematará a tempada estival do Mercado dos Domingos, que se ven celebrando desde principios do verán.

HOXE LÁNZASE NAS REDES UN VÍDEO DE SENSIBILIZACIÓN

Ribadeo Camiño Seguro

07/10/2019

O Concello está a traballar na campaña Ribadeo Camiño Seguro. Trátase dunha iniciativa que xorde coa intención de dar a coñecer o Camiño do Norte, as súas paisaxes e as súas xentes, potenciando a imaxe de Ribadeo como punto referente na entrada norte galega, con especial fincapé en ofrecer un entorno seguro para as mulleres que viaxan soas.

O EDIL REALIZA UN BALANCE POSITIVO

Turismo en setembro

04/10/2019

Durante o pasado mes de setembro pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais 21.672 persoas. A ocupación hoteleira roldou o 60%. Os datos deunos a coñecer no día de hoxe o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.

ATA O DOMINGO, MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO D.CORTEZÓN

Axenda cultural

04/10/2019

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou a axenda para último trimestre desde 2019. Haberá teatro afeccionado e teatro profesional. Desde Arxentina chegará o grupo El Vacío Fértil. A música tamén centrará a programación do Concello e así o 9 de novembro actuará en Ribadeo a compositora, cantante e contrabaixista estadounidense Tonina Saputo e o 17 de novembro estará en Ribadeo Xoán Curiel. Tamén pasarán por aquí a Coral Los Corrales de Buelna, de Cantabria, e o Quinteto de Acordeonistas Lagunak, de Euskadi.





© 2008 Concello de Ribadeo