Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

UNHA CITA QUE DINAMIZARÁ A ECONOMÍA LOCAL

Campionato de España de Rugby

25/06/2019

O campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.

TAMÉN HABERÁ UNHA PEQUENA CLASE PRÁCTICA

Xornada de portas abertas na EMMeD

24/06/2019

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o mércores, 26 de xuño,  unha xornada de portas abertas, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

DO 24 AO 26 DE XUÑO E NOS VINDEIROS CURSOS MÁIS

Musiqueando polas parroquias

22/06/2019

"Musiqueando polas parroquias" da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará a vindeira semana Remourelle, Vilaselán e Rinlo.

O TRABALLO SEGUIRÁ EN VILELA, A PENA OU COVELAS

Ribadeo co Camiño

21/06/2019

O módulo de xardinería do Obradoiro de  Emprego Ribadeo co Camiño ultima os detalles da rehabilitación total da área recreativa de O Campín, na parroquia de  Ove.

PARTICIPAN 37 EQUIPOS ESTA FIN DE SEMANA

XIV Torneo SD Ribadeo

21/06/2019

Mañá, sábado, e o domingo disputarase o XVI Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo. Será no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz. 

PROLONGARANSE ATA O 13 DE OUTUBRO

Mercados dos Domingos

21/06/2019

O 23 de xuño arrinca unha nova edición dos Mercados dos Domingos, que se celebrarán na contorna da praza de abastos ata mediados do vindeiro mes de outubro. A cita está organizada polo Concello en colaboración coa asociación de produtores/as da horta A Sucadoira.





© 2008 Concello de Ribadeo