Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

NO ACTO INTERVIRON GRAÑA, SUÁREZ E GUTIÉRREZ

A muralla de Ribadeo e outras historias

06/04/2019

O salón de plenos do Concello acolleu esta tarde a presentación do libro "A muralla de Ribadeo e outras historias", do que é autor Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo.

TRÁTASE DUNHA OBRA MOI DEMANDADA POLA VECIÑANZA

Rúa Benito Prieto Coussent

05/04/2019

O Concello acometerá a obra de renovación do pavimento na rúa Benito Prieto Coussent. O investimento ascenderá a 80.000 euros e o prazo de execución será de 2 meses. As empresas interesadas poden presentar xa as súas ofertas. Será esta a primeira licitación que se realice de xeito totalmente electrónico.

BARCIA ANIMA Á XENTE A FACERSE COA MOEDA LOCAL RIBADENSE

Canxeados 230 packs de panchas

05/04/2019

O alcalde, Fernando Suárez, amósase "gratamente impresionado" pola acollida que está a ter a Pancha de Ribadeo, a moeda local que estará en curso entre hoxe e o 5 de maio, co obxectivo de dinamizar o comercio local. Nas primeiras 24 horas foron canxeados en ABanca 230 packs de panchas. Os seus posuidores poderán facer as compras con esta moeda nos máis de 80 establecementos adheridos a esta iniciativa.

TEATRO E VENTOS POÉTICOS TAMÉN HABERÁ EN RIBADEO

Axenda cultural

04/04/2019

A programación cultural do Concello de Ribadeo para o segundo trimestre do ano inclúe a actuación da cantante Sés o 4 de maio ou a exposición de Suso Peña, que se inaugurará o 27 de abril. Ademais haberá matronatación en maio, dentro do programa Apego, e tamén terán lugar os concertos de Agüeira Projet este sábado, 6 de abril, e a Banda da Loba o 17 de maio. A axenda cultural foi presentada esta tarde polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.

MÁIS DE 40.000 EUROS CIRCULARÁN NUN MES POLO COMERCIO

A Pancha está en marcha

04/04/2019

Ata as 11:30 horas deste xoves, 4 de abril, máis de 30 persoas pasaran xa pola oficina de ABanca, en Ribadeo, para conseguir as súas panchas, a moeda local que estará en curso entre o 5 de abril e o 5 de maio. Cada persoa pode canxear 30 euros por 40 panchas, que terán un valor de 40 euros, para gastar nos máis de 80 establecementos que participan na campaña de dinamización do comercio local que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa e de ABanca.

A PESARES DAS PRESAS "NON SE CHEGA A ROMA NUN DI", DI BARCIA

Sobre a Romaxe das Cruces

02/04/2019

O alcalde, Fernando Suárez, amosa a súa satisfacción porque a Xunta declarase a Romaxe das Cruces como Festa de Interese Turístico de Galicia. Pero o rexedor critica as malas formas de comunicar este feito, xa que a administración galega non contactou coa mesa de traballo constituída no seu día, nin coa Corporación Municipal de Ribadeo nin tampouco co propio alcalde, senón que o fixo co candidato á alcaldía ribadense polo PP. Fernando Suárez asegura que "a min me daría grima apropiarme tan burdamente dun traballo de tanta xente e aparecer como un conseguidor de algo para o que nada fixo".





© 2008 Concello de Ribadeo