Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

AS FOTOS PODERÁN PRESENTARSE A PARTIR DO 15 DE ABRIL

O Camiño no visor

12/04/2019

Os alumnos e alumnas da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño organizan o I Concurso Fotográfico titulado "O Camiño no visor", coa idea de poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo.

BARCIA: "DIN QUE IMOS POLO BOA LIÑA, POLO BO CAMIÑO"

Ribadeo en Bruxelas

12/04/2019

O alcalde, Fernando Suárez, realizou estes días unha viaxe a Bruxelas, convidado de xeito institucional e con cargo ao Parlamento Europeo pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. O rexedor ribadense explicou na Comisión Europea que Ribadeo traballa, desde hai meses, tentando cumprir a lei de incendios de Galicia que leva doce anos en vigor. Suárez Barcia criticou a falla de apoio e alento da Xunta de Galicia en todo o proceso que estivo a levar adiante o Concello para eliminar os eucaliptos situados á carón das casas.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS REMATA O 8 DE MAIO

Certame Letras Galegas 2019

10/04/2019

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2019, na súa fase local.

A ACTIVIDADE ENMÁRCASE NO OBRADOIRO RIBADEO CO CAMIÑO

Pola Ruta Norte

09/04/2019

Rapaces dos IES de Ribadeo Dionisio Gamallo percorreron un treito do Camiño Norte ao seu paso por este concello. Foi o comprendido entre Ove e Arante, onde visitaron o Santuario da Nosa Señora das Virtudes.

O ALUMNADO COÑECEU O PAZO DO MARQUÉS DE SARGADELOS

Visita ao Concello

09/04/2019

Un grupo de alumnas e alumnos de sexto de educación infantil do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, visitaron hoxe o Concello. Ademais de coñecer algunhas dependencias municipais, coma o salón de plenos, estiveron co alcalde, Fernando Suárez. Os cativos recibiron como agasallo unhas mochilas e uns libros de estampas de Ribadeo para colorear.

ASÍ O ASINOU O ALCALDE NUN BANDO

Elección Europeas e Municipais

08/04/2019

Ata o 15 de abril poden consultarse no Concello as listas electorais para os comicios europeos e municipais que se celebrarán en maio co fin de asegurarse o dereito de sufraxio activo.





© 2008 Concello de Ribadeo