Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

O TURISMMO HAI QUE XESTIONALO AMABLEMENTE, DI O REXEDOR

As Catedrais: fonte de riqueza

14/10/2014

O alcalde, Fernando Suárez, quere que a praia das Catedrais sexa unha fonte de riqueza para o turismo, para o comercio, para o concello ribadense e para o resto da comarca. Insiste na necesidade de declarar o litoral de Ribadeo coma parque natural e avoga por levar adiante medidas de conservación que non xeren rexeitamento nos visitantes. Deste xeito sae ao paso das acusacións realizadas nas últimas horas pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O AREAL É UN RECURSO TURÍSTICO EN BOGA, DI O REXEDOR

Alegacións ao plan para As Catedrais

13/10/2014

O Concello de Ribadeo presentou hai uns días alegacións ao plan de conservación de As Catedrais. Nelas avoga, entre outras cousas, por poder conciliar a conservación e preservación de todo o patrimonio natural coa dinamización económica local, en base a un desenvolvemento sustentable. O documento, con data de 10 de outubro, está composto por 16 páxinas nas que se inclúen dous anexos. Un sobre a importancia xeomorfolóxica da costa entre As Catedrais e a Illa Pancha e outro sobre o patrimonio arqueolóxico que reforzaría os valores do propio parque natural. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a Xunta teña en conta as suxestións realizadas desde o Concello e que os axustes a acometer se realicen de forma gradual.

O REXEDOR CONSIDERA QUE O CONCELLO ESTÁ NA LIÑA INÉDITA

Pago a provedores

10/10/2014

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que a situación económica do Concello mellorou nos últimos anos e que no último trimestre o período de pago a provedores situouse de media en 28 días. O rexedor subliñou que os remanentes positivos do Concello permiten contar cunha certa liquidez para poder efectuar os pagos ás empresas. Suárez Barcia lembrou que hai anos a demora era terrible.

OS INTERESADOS PODEN DIRIXIRSE A SEPES E AO CONCELLO

Polígono industrial

08/10/2014

A empresa pública Sepes, dependente do Ministerio de Fomento, decidiu hai uns días rebaixar os prezos para acceder á compra das 45 parcelas que quedan pendentes de vender no polígono industrial de Ribadeo, situado a carón da autovía do Cantábrico (A-8) na parroquia de Piñeira. A rebaixa situase en torno a un 30%. O alcalde, Fernando Suárez, mostrouse satisfeito con esta decisión da empresa pública e defendeu, unha vez máis, a estratéxica localización do polígono ribadense.

A PRIMEIRA FASE DARÁ COMEZO NUNS DÍAS

Arranxo de camiños

06/10/2014

Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, anunciou hoxe que o Concello acaba de iniciar o procedemento de adxudicación para arranxar os camiños de titularidade municipal que se atopan actualmente en mal estado. En total, o Concello destinará 241.000 euros, procedentes de fondos municipais propios, para mellorar os camiños da vila e das parroquias.  As obras de mellora levaranse a cabo en dúas fases. A primeira terá lugar entre o 15 de outubro e o 30 de novembro e contará cunha inversión de 134.000 euros. E a segunda efectuarase entre o 15 de marzo e o 30 de abril do vindeiro ano 2015 e contará cun presuposto de execución de 107.000 euros.

APROBADA POLO EQUIPO DE GOBERNO. A OPOSICIÓN ABSTÍVOSE

Conta xeral de 2013

02/10/2014

A situación económica do Concello de Ribadeo mellorou moito nos últimos anos grazas á xestión realizada polo equipo de goberno e polos técnicos. Iso é o que asegura o concelleiro de Facenda, Vicente Castro, quen subliña que "o que facemos é cinguirnos ao máximo aos orzamentos anuais e tentamos aforrar un pouco cada ano". No pleno da semana pasada foi aprobada cos votos a favor do BNG e abstención dos partidos da oposición a conta xeral de 2013, á que non se presentaron alegacións no seu período de exposición pública. Dita conta arroxa un saldo positivo de 874.000 euros.





© 2008 Concello de Ribadeo