Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

NAS ÁREAS RECREATIVAS DO CARME E DE O CAMPÍN

Traballos de "Ribadeo co Camiño"

27/04/2019

Alumnado do obradoiro de emprego "Ribadeo co Camiño" realiza tarefas de limpeza, mantemento e mellora e un plan de control da avespa velutina no treito da ruta ao seu paso por este concello.

XA FORON CANXEADAS A METADA, SEGUNDO BARCIA

10 días de panchas

26/04/2019

Cando faltan dez días para que remate a campaña das panchas o alcalde, Fernando Suárez, anima a todos aqueles que conten con esta moeda local a que a gasten ao longo dos vindeiros días nos comercios que participan nesta iniciativa.

NA MOSTRA HABERÁ OBRAS TAMÉN DOUTROS ARTISTAS

Exposición homenaxe a Suso Peña

26/04/2019

A Concellaría de Cultura inaugura mañá, sábado, a exposición en homenaxe ao debuxante Suso Peña. Será na oficina de turismo, ás 18:30 horas. A mostra, na que tamén haberá obras doutros artistas da comarca e da provincia, permanecerá aberta ata o 25 de maio e leva por título Suso Peña. Mestre de Vida e Soños. No acto de inauguración de mañá participarán o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.

E O 30 DE ABRIL PARTICIPARÁ NUN ACTO EN LUGO

Día da Danza

25/04/2019

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este venres, 26 de abril, ás 20 horas no auditorio Hernán Naval o Día Internacional da Danza.

BARCIA AGARDA QUE QUEDE LISTO A VINDEIRA SEMANA

Paso cara o Parque dos Indianos

25/04/2019

O Concello está a executar obras no paso que une a Avenida de Galicia coa rúa Virxe do Camiño, a través da antiga vía do tren mineiro. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, agarda que os traballos rematen a vindeira semana e que esa vía poida ter un uso peonil axeitado.

BARCIA DI QUE É UN VIARIO MOI EMPREGADO POLA VECIÑANZA

Obras no Camiño de Vilar

23/04/2019

O Concello realizará obras de pavimentación no Camiño de Vilar, en Piñeira, nas que investirá 32.000 euros procedentes de fondos propios. As empresas interesadas teñen ata o 3 de maio para presentar as súas ofertas.





© 2008 Concello de Ribadeo