Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

UNHA EMPRESA URXE A ELIMINAR ESE FOCO

Praga de mosquitos

27/06/2019

O alcalde, Fernando Suárez, vén de enviarlle un escrito a Portos de Galicia alertando dunha praga de mosquitos ocasionada polo amoreamento de madeira no peirao de Mirasol.

POLAS MAÑÁS EMPEZA ÁS 11 E POLAS TARDES ÁS 16 HORAS

Tren turístico de Ribadeo

26/06/2019

O tren turístico de Ribadeo comeza a tempada de verán. Realizará oito viaxes diarias ata o 15 de setembro percorrendo a rúas máis emblemáticas da vila e o porto chegando ata o Faro da Illa Pancha. O tren sae das inmediacións da Oficina de Turismo.

O PROGRAMA INCLÚE TAMÉN UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A EMIGRACIÓN

O grupo Compay Segundo, en Ribadeo o 14 de xullo

26/06/2019

O grupo Compay Segundo actuará o 14 de xullo na vila. Trátase dun dos pratos fortes do VI Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Entre as novidades deste 2019 figuran un Ciclo de Cine Cubano e o I Certame de Pintura Rápida. Ademais a ONCE dedica un dos seus cupóns ao Ribadeo Indiano.

UNHA CITA QUE DINAMIZARÁ A ECONOMÍA LOCAL

Campionato de España de Rugby

25/06/2019

O campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.

TAMÉN HABERÁ UNHA PEQUENA CLASE PRÁCTICA

Xornada de portas abertas na EMMeD

24/06/2019

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o mércores, 26 de xuño,  unha xornada de portas abertas, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

DO 24 AO 26 DE XUÑO E NOS VINDEIROS CURSOS MÁIS

Musiqueando polas parroquias

22/06/2019

"Musiqueando polas parroquias" da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará a vindeira semana Remourelle, Vilaselán e Rinlo.





© 2008 Concello de Ribadeo