DIFUSIÓN DA CREACIÓN AUDIOVISUAL GALEGA
A Agrupación Cultural Francisco Lanza xunto ao Concello de Ribadeo organiza a proxección da película Reboiras. Acción e Corazón de Alberte Mera. O pase será este domingo, 22 de novembro, ás 19:30 horas en Cine Ribadeo. O despacho de billetes abrirase media hora antes e ao remate do filme haberá un coloquio entre o director e o público.
PARA VISIBILIZAR A TODAS AS VIOLENCIAS E A TODAS AS VÍTIMAS
O Concello de Ribadeo conmemora o día internacional contra a violencia cara ás mulleres con folletos, pancartas, máscaras e cuñas de radio. A campaña foi presentada hoxe, xoves, pola concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, e outras representantes da Mesa Institucional de Violencia de Xénero de Ribadeo.
A PILAR OTERO PARÉCELLE UN PROXECTO MOI INTERESANTE
Varias cintas de celuloide, que estaban esquecidas no Cine Teatro, serán recuperadas e terán unha segunda vida, moi diferente á inicial. Nesta iniciativa está a traballar Iván Torres en colaboración co Concello de Ribadeo. As imaxes, que serán tratadas con diferentes produtos químicos para converterse en abstractas, serán empregadas nun futuro proxecto que englobará a ribadenses vinculados co mundo da música.
A MOSTRA FOI INAUGURADA ESTA MAÑÁ
Ata o 22 de novembro pódese visitar na Oficina de Turimos de Ribadeo a exposición "Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi.
BARCIA DIXO QUE ESTÁ MOI DETERIORADA E DEGRADADA
O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que dentro duns días darán comezo as obras de mellora da rúa da Lodeira. O prazo de execución é de dous meses e o investimento ascende a 48.000 euros, que será financiado integramente pola Deputación de Lugo, que é o titular dese vial. O rexedor agradeceu que o presidente da institución provincial cumpra cos compromisos adquiridos con Ribadeo.
A CAMPAÑA REMATARÁ O 1 DE DECEMBRO
Nun mes foron adquiridos 2.200 packs de panchas, o que supón un volume de negocio de 88.000 euros. O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, fai un balance positivo da marcha da segunda edición desta campaña.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo