NON HABERÁ LÍMITE DE PACKS POR PERSOA
A segunda edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, amplíase ata o vindeiro 5 de xaneiro. Así se aprobou no pleno celebrado onte, co obxectivo de beneficiar ao sector comercial e hostaleiro, que se están a ver moi afectados pola pandemia do covid-19. A partires do 1 de decembro poñeranse en circulación outros 2.000 novos packs de panchas, cunha estimación de volume de negocio de 80.000 euros, que se suman aos 150.000€ da primeira parte da campaña, que a piques está de rematar.
HABERÁ TAMÉN TEATRO INFANTIL E PARA ADULTOS
Un bono apoiará a afluencia de público ás obras de entrada máis cara da programación cultural de Ribadeo do vindeiro mes de decembro. A concelleira Pilar Otero subliñou que "en concreto, serán dúas funcións, as dúas concibidas para que vaia ao auditorio municipal toda a familia. Unha de danza, aproveitando a afección que crea a alta matrícula na área de Danza da Escola de Música, e outra de circo. As persoas que compren entradas para os dous espectáculos verán reducido o importe nun 20%".
TAMÉN SE REPARTIRÁ O XOGO "O TRIBO" ENTRE OS PARTICIPANTES
O proxecto "Eu quero ser coma" da Concellaría de Igualdade rematará estes días coincidindo coa celebración do 25N. Xurdiu o curso pasado coa finalidade de visibilizar ás mulleres e os seus logros ao longo da historia e tivo que parar coa chegada da pandemia do covid. As 38 persoeiras elixidas darán nome ás aulas de primaria e infantil do colexio público Gregorio Sanz e do colexio Sagrado Corazón. Foron editadas unhas placas co nome e coa ilustración de cada unha destas mulleres que lles van ser entregadas estes días aos centros de ensino, segundo deu a coñecer a edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.
A SESIÓN ESTÁ PREVISTA PARA AS 20:30 HORAS
No pleno ordinario que se celebrará mañá, martes, no Concello de Ribadeo abordarase o expediente de renuncia da asignación que reciben os grupos municipais neste 2020. Esa partida destinarase á compra de alimentos para as familias con menos recursos. Tamén se aprobarán os festivos locais de 2021, que serán o 16 de agosto e o 8 de setembro e modificaranse as taxas da auga e do lixo, segundo adiantou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
INSCRICIÓN ABERTA PARA PARTICIPAR TA O 4 DE DECEMBRO
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo desenvolverá este ano por vez primeira o Mercadiño de Nadal, coincidindo coas datas propias do Nadal. Terá lugar entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, estará destinado a persoas artesáns, creadoras e produtoras e as casetas estarán situadas nun espazo céntrico da vila.
HAI QUE ACTUAR DE ACORDO COAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS
Ribadeo volveu hoxe ao nivel verde de contaxios por covid. O alcalde, Fernando Suárez, pide moita precaución e di que "de todos e cada un de nós dependen o Nadal, o inverno, a saúde…".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo