Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

O PÚBLICO XERAL PODERÁ VER A CINTA ESTE XOVES ÁS 20:30 HORAS

Óliver Laxe en Ribadeo

15/10/2019

O cineasta Óliver Laxe estivo en hoxe na vila. Nas dúas salas de Cine Ribadeo proxectouse a súa última película "O que arde", premiada nos festivais de Cannes e de San Sebastián. Ao pase asistiron alumnado e profesorado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, do CIFP Porta da Auga e dos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz, ademais de usuarios do Centro de Día. Ao seu remate tivo lugar un coloquio con Óliver Laxe no que respondeu ás preguntas que lle fixeron os asistentes e no que o director tamén preguntou moito aos rapaces.

NA VILA RESIDEN 6.975 PERSOAS

Ribadeo vai a máis

14/10/2019

Ribadeo conta na actualidade con 10.017 habitantes, algo que se debe aos nacementos rexistrados, pero sobre todo á xente que se empadroa e elixe esta vila para vivir. O 70% da poboación reside na localidade e o 30% nas parroquias. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que o Concello seguirá a apostar polo rural para tentar minimizar a súa desertización.

PARTICIPOU O ALUMNADO DE DEPENDENCIA DO CIFP PORTA DA AUGA

Día do Maior

11/10/2019

A nova residencia de Ribadeo acolleu os actos de celebración do Día do Maior aos que asistiron os seus usuarios e tamén os do centro de día, acompañados de familiares e do persoal de ambas instalacións.

O CLAUSTRO ESTÁ FORMADO POR 13 PROFESORAS E PROFESORES

Novo curso na EMMeD

10/10/2019

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vén de iniciar o curso 2019/2020 con 380 alumnos e alumnas matriculados de entre 4 e 79 anos, unha cifra que se mantén con respecto ao curso pasado e que fai da EMMeD de Ribadeo o centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no occidente asturiano.

A CULTURA CHEGARÁ TAMÉN A OUTRAS ZONAS DO CONCELLO

Músicas Comunais nas Parroquias

09/10/2019

Do 11 de outubro ao 14 de novembro terá lugar o Ciclo de Músicas Comunais nas Parroquias, que organiza a Concellaría de Cultura coa colaboración da asociación A Tribo da Travesía. Serán catro actuacións que terán lugar nas igrexas de Ove e da Devesa, na escola de Cedofeita e no teleclube de Santalla. No acto de presentación que tivo lugar esta tarde na igrexa da Devesa participaron a concelleira de Cultura, Pilar Otero; o párroco Pepe Boullosa, a cantante Ugía Pedreira, e Eduardo Rodríguez, da asociación de veciños de Cedofeita.

AS PROXECCIÓNS SERÁN NO CINE RIBADEO

O que arde, en Ribadeo

08/10/2019

A película "O que arde", de Óliver Laxe, vaise proxectar a vindeira semana en Ribadeo. O día 15 haberá un pase para os centros de ensino e ao remate o director participará nun coloquio cos asistentes e o 17 de outubro será o pase para o público xeral, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Pilar Otero.





© 2008 Concello de Ribadeo