Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

BARCIA AGADA QUE O DOCUMENTO CONTE CUN GRANDE APOIO

Comisión informativa de urbanismo

08/02/2012

O PXOM de Ribadeo, en fase de elaboración, someteráse en breve de novo a exposición pública, segundo anunciaba este mediodía o alcalde, Fernando Suárez. Hoxe reuníuse a comisión informativa de urbanismo para seguir afondando na súa redacción agora que se recibiron os informes de Patrimonio e de Medio Ambiente.

Suárez Barcia explicou que "nesta mañá de hoxe vimos de manter unha xuntanza os portavoces dos diferentes grupos da Corporación Municipal nesta comisión informativa de urbanismo xunto cos técnicos municipais e cos da empresa redactora do PXOM para seguir avanzando, e xa me atrevo casi a dicir que chegando casi aos momentos últimos antes desta nova exposición pública que deberá ser nun corto prazo de tempo".

Suárez Barcia sinalou que "unha vez que xa temos aquí os informes tanto de Patrimonio da Xunta como de Medio Ambiente, éste último referente ao plan de ordenación do litoral, que tamén son de obrigado cumprimento e incorporación no documento do PXOM, é agora cando os grupos poden ver nos vindeiros días xunto cos técnicos municipais o grao de concreción que ten todo este documento. Así poderán, si o teñen a ben, presentar as aportacións que consideren necesarias, e aínda que no pleno cada un ten o peso que ten e o goberno municipal dispón de maioría absoluta, sempre dixen e manteño que o documento do plan debe ser aprobado por unanimidade ou cando menos pola maior sintonía posible entre todos os grupos da Corporación". E engadiu que "parécenos que todos son importantes á hora de facer as súas aportacións e sempre que se cumpran as determinacións legais e sempre que o interés público prevaleza por enriba de calquera outro todas as aportacións dos grupos serán benvidas".

O alcalde ribadense dixo que "nos vindeiros días os grupos poderán ter acceso a toda esta información moito máis detallada. E si todo vai ben dentro de pouco tempo teríamos que sometelo novamente exposición pública para garantir toda a seguridade xurídica que un PXOM debe ter para que poida ser duradeiro e útil para todos os veciños e veciñas deste concello". 

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo