Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

É O QUE PEDÍA ESTA TARDE O REXEDOR

Tranquilidade á poboación

22/11/2011

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai unha chamada á tranquilidade da poboación tras a sopresa e a conmoción que causou na vila o presunto secuestro que hoxe publicaban varios medios de comunicación. O rexedor confía en que se aclare canto antes o ocorrido e que si o suceso é certo se deteña canto antes aos autores dos feitos, pero considera que si se trata dunha denuncia sobredimensionada alguén tamén deberá responder por ela.

Suárez Barcia dixo que "eu son tamén un sorprendido como tantos e tantas veciñas de Ribadeo por este suceso extraordinario, segundo as características que relatou esta persoa". O alcalde mandou "unha mensaxe de tranquilidade á poboación porque confío en que a Policía Local e a Garda Civil, sobre todo ésta última, aclaren canto antes o ocurrido. No caso de ser certo que se deteña aos autores canto antes porque supoñen un perigo público e no caso de que se trate dunha denuncia quizáis sobredimensionada que responda quen teña que responder".

O rexedor ribadense engadiu que "por enriba de todo isto quero defender a Ribadeo, non por unha cuestión localista, senón porque foi, é e será un sitio tranquilo” e confía en que “as forzas de seguridade que investigan isto o aclaren antes que despois para botar luz sobre un asunto que causou moita sorpresa na nosa vila".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo