Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

SUÁREZ BARCIA RESPOSTA ÁS CRÍTICAS VERQUIDAS POLO PP

Celebracións relixiosas

14/10/2011

O alcalde, Fernando Suárez, considera que hai temas en Ribadeo máis importantes dos que ocuparse que das misas ás que non asisten o rexedor e o resto do equipo de goberno. O alcalde lembra que "vivimos nun estado aconfesional e polo tanto non temos a obriga de ir" e subliña que ten ido a moitas celebracións relixiosas e que así o seguirá a facer.

O alcalde amosóuse sorprendido "por estas críticas do PP polo feito de que o alcalde non vaia a unha misa. Eu supoño que o alcalde e o goberno municipal de Ribadeo facemos cousas ben e cousas mal, pero que o PP nos critique porque non vaiamos ás misas… moi pouco teñen que criticar no Concello de Ribadeo para ter que cuestionar esto. Non sei si o PP está inmerso nun ataque repentino de fé, non sei si algúns dos seus membros se ten que abrazar á fé como dogma para posiblemente criticarme".

Fernando Suárez sinalou que "o alcalde de Ribadeo é por suposto o alcalde de todos, dos creentes e dos non creentes, dos ateos e dos agnósticos e o alcalde, máis aló do que él pensé como persoa que é, ten ido e irá a moitas máis celebracións, algunhas delas relixiosas, non teño ningún problema en ir, de feito teño ido en moitas ocasións, pero ás veces non vou por motivos persoais ou polo que sexa".

O rexedor considera que "o que se debe valorar e o que eu quero que se me valore é polo goberno municipal e pola xestión que facemos tanto eu como os meus compañeiros do equipo de goberno, máis aló de si vamos ou non vamos ás misas. Que eu saiba vivimos nun estado e a constitución española deste estado di que é un estado aconfesional, polo tanto non temos a obriga de ir, aínda que por motivos que tampouco debemos confesar acabamos indo, como eu de feito teño ido moitas veces e moitas máis que irei. Pero o feito de non ter ido non creo que sexa un tema de estado e si o éste é un asunto capital como se soe dicir que veña deus e o vexa, ¡cómo se non houbera cousas máis importantes en Ribadeo das que ocuparse!".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo