HABERÁ DÚAS ESTA SEMANA
A Casa da Ría acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, que anima á xente a asistir. Serán a partires das 22:30 horas.
Horacio Cupeiro sinalou que "os vindeiros días 10 e 11 de agosto ás dez e media da noite faremos unhas observacións na Casa da Ría de Ribadeo, que irán dirixidas a unha vision xeral do ceo: a lúa, as estrelas e as disposicións máis vistosas, como As Perseidas, Arturo ou Saturno".
O edil nacionalista dixo que "de non poder observar por razóns meteorolóxicas abordarase algún tema sobre a astronomía e sobre o telescopio. As xornadas van dirixidas a todo tipo de público e as persoas entendidas na materia serán Antonio Gregorio Montes e Alfonso Piñeiro, ámbolos dous profesores do IES Porta da Auga".
Cupeiro "animou a todas aquelas persoas interesadas nos temas de astronomía a que se acerquen a Santa Cruz, que disfrutarán da observación, si por sorte temos unha noite clara".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo