Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto observacion Ribadeo

HABERÁ DÚAS ESTA SEMANA

Observacións astronómicas

08/08/2011

A Casa da Ría acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, que anima á xente a asistir. Serán a partires das 22:30 horas.

Horacio Cupeiro sinalou que "os vindeiros días 10 e 11 de agosto ás dez e media da noite faremos unhas observacións na Casa da Ría de Ribadeo, que irán dirixidas a unha vision xeral do ceo: a lúa, as estrelas e as disposicións máis vistosas, como As Perseidas, Arturo ou Saturno".

O edil nacionalista dixo que "de non poder observar por razóns meteorolóxicas abordarase algún tema sobre a astronomía e sobre o telescopio. As xornadas van dirixidas a todo tipo de público e as persoas entendidas na materia serán Antonio Gregorio Montes e Alfonso Piñeiro, ámbolos dous profesores do IES Porta da Auga".

Cupeiro "animou a todas aquelas persoas interesadas nos temas de astronomía a que se acerquen a Santa Cruz, que disfrutarán da observación, si por sorte temos unha noite clara".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo