Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto trazado lina alta tension

A EXPOSICIÓN PÚBLICA A RELACIÓN DE BENS AFECTADOS

Liña de alta tensión

09/06/2011

Atópase a información pública a relación de bens afectados pola liña de alta tensión Ribadeo-Trabada, segundo publicaba o Diario Oficial de Galicia do pasado 7 de xuño. É por un prazo de 20 días. Fernando Suárez dilles aos veciños que poden consultar a documentación no Concello, aínda que as alegacións deberán presentalas diante da Consellería de Industria por ser a que tramita o proxecto.  

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que "por fin a Xunta da un paso adiante nesta infraestructura tan necesaria para Ribadeo, para o polígono industrial e en todo caso para a Mariña Oriental como é esta subestación eléctrica que Ribadeo precisa e que desde hai máis de dous anos estaba absolutamente parada e pendente desta iniciativa de exposición ao público do que é o trazado e os bens e dereitos afectados por esta liña, que ten que cruzar Ribadeo de maneira irremediable". O rexedor subliñou que "en todo caso cumpre con aqueles criterios que hai xa máis de dous anos lle dixéramos á Xunta anterior, composta por outras forzas políticas, onde deberan evitar os núcleos de poboación. Onde esa liña de alta tensión, aínda non sendo destas grandes de 400 kilovoltios, senón de 132 toda ela ou prácticamente a totalidade discurre polo monte".

Suárez Barcia dixo que "sorpréndeme como dous anos e medio despois de que algún persoaxe de Ribadeo tanto criticara ao alcalde e ao goberno que naquel momento había na Xunta polo trazado e agora o goberno galego doutra cor política imprime e publicita o mesmo trazado que anteriormente era, mantiveron o criterio técnico, que sempre foi técnico e non político. Pero chama a atención como quen criticaba daquela agora parece ser que é un dos que asina os documentos de conformidade en representación dunha comunidade de montes. Non sei si terá autorización desa asamblea ou non, pero chama a atención. Aquí ten cabida aquel dito de vivir para ver".

O rexedor engadiu que "si algún veciño quere evitar ir a Lugo, que é onde oficialmente a Xunta ten a exposición pública este documento, pode vir perfectamente ao Concello porque aquí lle facilitaremos o anexo, a copia que a Consellería de Industria nos enviou para que fagamos o informe. Si algún veciño o quere vir ver pode acudir ao Concello como casa de todos que é, aínda que as alegacións terán que presentalas diante da Consellería de Industria, dado que é ela a que tramita este proxecto".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo