Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto As Catedrais

ADEAC FALA DE FALLA DE PROFESIONALIDADE DOS SOCORRISTAS

As Catedrais

26/05/2011

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amosóuse molesto e doido con Adeac despois de escoitar as explicacións que lle deu o seu responsable, José Palacios, relativas aos motivos polos que a praia das Catedrais non conseguiu a bandeira azul este ano.

Suárez Barcia manifestou que "despois de escoitar con detalle as explicacións que me deu o responsable de Adeac, José Palacios, me atopo molesto con eles por non terme dito isto antes, pero sobre todo dóeme porque por máis esforzo que viñemos facendo ao longo destes últimos anos, e dou boa fé de que isto foi así, dado que incrementamos a limpeza deste areal nos servizos dúas veces ao día, pola mañá e pola tarde; implementamos cunha liña de autobuses, reforzamos e máis que duplicamos o número de socorristas que había ata o ano 2007, pero o certo tamén é que o areal excede a capacidade do Concello de Ribadeo".

O rexedor lembrou que "é certo que a Área de Turismo da Deputación Provincial de Lugo nos axudou de maneira importante e puxemos uns técnicos de turismo que explicaron a praia, o concello e a comarca en varios idiomas, pero isto non é dabondo para Adeac, a entidade que outorga estas bandeiras azuis. Lamento que, ademáis porque me indican con fotografías que eles fixeron nese areal en diversas inspeccións realizadas, viran varias veces a algúns socorristas que máis que facendo a súa función estaban literalmente tomando o sol ou en actitudes ou en posicións que non eran as máis axeitadas para un profesional e a iso déronlle moita importancia nesta entidade, xa que As Catedrais recibe milleiros e milleiros de persoas durante o verán". Fernando Suárez dirixíuse aos que nalgún momento foron socorristas nese areal, "deben saber estes profesionais, que algún día traballaron aquí no Concello de Ribadeo, que en parte por esa actitude a praia se quedou sen este galardón".

O alcalde de Ribadeo subliñou que "máis que lamentar esa perda o que temos que facer é traballar e eu vou poñer o meu empeño persoal para que neste 2011 todo o persoal que traballe para este areal en tarefas de limpeza ou de socorrismo e salvamente vai dar o mellor de sí pola conta que lles poida ter. Lamento que desde Adeac non deran oportunidade a que demostráramos neste 2011 a capacidade que teremos para resolver satisfactoriamente este inconveniente tal e como viñemos facendo con outras moitas cousas ao longo dos últimos catro anos".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo