Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

A PRAIA DAS CATEDRAIS NON A CONSEGUIU ESTE ANO

Bandeiras azuis

25/05/2011

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amosóuse sorprendido de que a praia das Catedrais non conte neste 2011 con bandeira azul, despois das melloras realizadas polo Concello ao longo dos últimos anos.

O rexedor contactou con Adeac "para que nos espuxera cales foron os motivos polos que a praia de As Catedrais non conta con bandeira azul, de momento aínda non os temos". Fernando Suárez amosóuse sorprendido por esta decisión "porque As Catedrais é un areal que sí é certo que cada vez recibe máis xente, milleiros e milleiros de persoas, pero que nestes últimos catro anos desde o Concello fixemos unha chea de cousas. Puxemos puntos de información turística de atención diaria durante a época estival, reforzamos, duplicamos o número de socorristas para a atención desa praia e facemos unha limpeza sistemática como non se fai en ningunha outra praia".

O alcalde de Ribadeo engadiu que "tamén é certo que a praia das Catedrais excede moitas veces o que é a competencia municipal, porque é unha praia que está en Ribadeo, que é de Ribadeo, pero é o emblema das praias galegas e boto moito de menos a colaboración doutras administracións. Sí temos algo desde a Deputación Provincial, pero o Ministerio de Medio Ambiente ténse comprometido moitas veces para botarnos unha man de cara a mellorar os aparcamentos e ao final desde o Concello en moitas ocasións temos que alugar prados para habilitalos en precario".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo