Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

NA SESIÓN APROBÁRONSE ASUNTOS DE INTERESE PARA OS VECIÑOS

Último pleno ordinario deste mandato

17/05/2011

O Concello cédelle un local na antiga oficina de turismo á asociación de autotaxis Ponte dos Santos, despois de que a Xunta os desaloxase das instalacións que estaban a ocupar desde hai tempo. Éste foi un dos acordos adoptados no pleno celebrado onte no que tamén se aprobou un rexistro de intereses para que os membros das vindeiras Corporacións declaren o seu patrimonio de maneira pública.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que"celebramos o último pleno ordinario deste mandato tan fructífero de catro anos onde tantas e tantas cousas se aprobaron polo ben de Ribadeo. Esta sesión non desluciu e desde logo todos os puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade ou por amplísima maioría".

Quedaron aprobadas inicialmente as ordenanzas fiscal e reguladora de apertura de establecementos para o exercizo de actividades non sometidas á avaliación de incidencia ambiental. Suárez Barcia explicou que "hai unha normativa europea de trasposición aos Concellos e Ribadeo será un dos primeiros de Galicia, dada a situación económica na que nos atopamos, que facilitará ao máximo a implantación de todas aquelas actividades que non sexan molestas e que non teñan necesidade de someterse a unha avaliación de incidencia ambiental. A partir da aprobación definitiva da ordenanza evitarán a tramitación administrativa, é dicir non terán que pedir licencia de actividade. Alguén que queira abrir unha perruquería, unha tenda de roupa, etc, lonxe de traer un proxecto, un expedente e de seguir uns trámites que se prolongaban durante meses bastará con que depositen no Concello de Ribadeo unha declaración responsable onde manifesten que van abrir unha determinada actividade comercial ou económica, depositen tamén un proxecto para que se vexa que cumpre a normativa e ao día seguinte poderá abrir o seu local". O alcalde seguiu a relatar que "despois os servizos municipais irán revisar si o declarado é así ou si ten algo que correxir. Esta medida trastocará, para ben do cidadán, toda a tramitación que agora era longa e tediosa, ademáis a ordenanza fiscal reducirá substancialmente as taxas que os veciños que abren actividades económicas terán que ingresar no Concello".

No pleno de onte aprobóuse por unanimidade un convenio coa asociación de autotaxis Ponte dos Santos para a cesión gratuita e temporal dun local na antiga oficina de turismo. Fernando Suárez sinalou que "isto ben dado porque actualmente estaban nun inmoble propiedade do IGVS, que o tiña cedido á Cruz Vermella e a Xunta, que tan recta é para moitas cousas, ven de desaloxados e como non queríamos que se quedaran fora eles mesmos nos pediron unha solución e o Concello acordou cederlles en precario unha parte pequeniña da antiga oficina de turismo para que poidan ter alí un despacho, un teléfono, etc".

Na última sesión plenaria deste mandato a Corporación de Ribadeo aprobou unha normativa de rexistro de intereses "para que os concelleiros da nova Corporación e das sucesivas Corporacións teñan a obriga ou a necesidade de declarar o seu patrimonio de maneira pública e aí todos acordamos por unanimidade que así sexa". O rexedor ribadense contou que "tamén aprobamos un expedente extraxudicial de crédito dunha serie de factura que desde hai anos estaban nun caixón sen estaren aprobadas porque non tiñan consignación presupostaria. Van do 2004 ao 2010 e este recoñecemento extraxudicial ascende a uns 18.000 euros e é posible facer isto porque nestes últimos anos estamos gastando un pouco menos do que ingresamos, de aí que tamén temos un remanente positivo que nos faculta poder ir aprobando esta serie de facturas que puideron quedar sen consignación presupostaria. Sempre co ánimo de ir saneando as contas do Concello, tal e como viñemos facendo positivamente nestes catro anos. E no apartado de rogos e preguntas, dado que non houbo mocións de urxencia, foron positivos, houbo un ambiente de cordialidade que ademáis foi así en moitas ocasións ao longo destes últimos catro anos, aínda que tamén houbo momentos tensos, pero a satisfacción deste mandato foi moi positiva".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo