Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

A XUNTA DE GOBERNO APROBOU UN PLANO DE REGULACIÓN

Mercado semanal

23/03/2011

O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o mercado semanal de Ribadeo goza de moi boa saúde. A xunta de goberno aprobou un onte un plano de regulación que permitirá dar cabida a máis vendedores.

O  rexedor contou que "nestes últimos días adoptamos unha serie de accións para mellorar actuacións, a convivencia e a recadación no mercado semanal dos mércores. Hai que ter en conta que hai uns dous anos houbera problemas con algúns dos ambulantes, queixábanse de que o Concello facía unhas novas medicións, xustas pola nosa parte, pero eles chegaron a impugnalas e agora hai pouco tempo tivemos unha sentencia xudicial que confirma que o que o Concello facía naquel momento estaba ben feito". Suárez Barcia subliña que "aquela sentencia veu dar a razón sobre a medición real dos postos, que serviu de base para a elaboración dun plano que na xunta de goberno de onte se aprobou por unanimidade dos seus membros. Este plano serve tamén de base para obter máis espazos, para que agora se poidan adxudicar a máis xente que está en lista de espera desde hai anos".

O alcalde anunciou que "a partires de hoxe poñeremos un bando para lembrarlles aos ambulantes que así o desexen que veñan confirmar a súa pretensión de instalarse no mercadillo municipal de Ribadeo. E desde que hai dous anos iniciamos esta política de diálogo, pero tamén de firmeza melloramos moitísimo a eficacia recadatoria, sen incrementar para nada a tarifa e os prezos, simplemente que aplicamos algo tan básico como que cadaquen pague polos metros cadrados que ocupa, segundo recolle a ordenanza desde tempo inmemorial". Fernando Suárez lembrou que "no pleno de hai dous días consensuamos coa meirande parte da Corporación Municipal facer unha serie de cambios no sistema de pagos para que sexa máis fácil para eles, eso sí sen renunciar a que o Concello cobre o que as tarifas marcan nin para máis nin para menos".

Suárez Barcia considera que "esta polémica vivida hai dous anos, un pouco artificial por parte dalgún grupo da oposición, quedou en nada. Houbo algún Concello que quixo montar un mercado paralelo… penso que a día de hoxe o mercado de Ribadeo goza de moi boa saúde, recáudase ben, é un mercado vivo e con esta nova aprobación do plano de regulación vai poder entrar máis xente e vánse eliminar inxustizas como a que se estaba a dar nos últimos tempos".  

Documentación

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo