Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto pasos elevados

HOXE CONSTRÚENSE VARIOS

Pasos elevados

22/02/2011

O alcalde, Fernando Suárez, agarda que os ribadenses queden satisfeitos co resultado das obras que estes días se acometen na vila. Hoxe as máquinas traballan na construcción da varios pasos elevados na travesía de Ribadeo e nas inmediacións do parque de San Francisco.

Suárez Barcia dixo que "continuando con estas obras que van moi ben e moi rápido como a da rotonda, que xa na tarde de onte quedou aberta ao tráfico aínda que dentro duns días haberá que voltar a pechala para realizar as tarefas de pintado, no día de hoxe estamos a facer varios pasos elevados na travesía de Ribadeo. Nalgún caso os pasos de cebra seguirán a estar no mesmo sitio, pero en forma de paso elevado, o que se chama habitualmente lombo de burra, e logo algunhas bandas rugosas, que había como por exemplo na confluencia coa rúa Vilalba, tamén pasarán a ser paso elevado".

O rexedor engadiu que "aproveitando que as máquinas están aquí en Ribadeo imos facer algo que a xente nos demandaba desde hai moito tempo, na zona de Entreparques nas inmediacións do parque de San Francisco imos facer tamén un paso elevado no paso de cebra que hai alí, era moi perigoso dado que hai moitos nenos na zona polas tardes e fáise necesario que os vehículos reduzan a súa velocidade cando transiten por ese lugar".

Fernando Suárez sinalou que "todos os pasos quedarán listos ao longo do día de hoxe. Quero pedir disculpas porque estamos restrinxindo o tráfico bastante nestes momentos, pero estou convencido de que nuns días a xente quedará satisfeita cos resultados destes traballos".

En total a travesía de Ribadeo contará con catro pasos elevados desde a rotonda do Xardín ata o Parador de Turismo (incluido o colocado aí hai xa unhas semanas).

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo