Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto operarios Torre dos Moreno

FOI ASINADO HOXE POLO REXEDOR

Decreto para a Torre

12/01/2011

O alcalde, Fernando Suárez, asinou hoxe un decreto para a adopción de medidas de emerxencia na seguridade da Torre dos Moreno. Operarios municipais están a realizar os traballos preparatorios para o apuntalamento que se realizará nos vindeiros días, ademáis procederase a ovalado dunha parte do Cantón dos Moreno e pecharase ao tráfico e aos peóns a rúa Villandrando.

O rexedor explicou que "nos últimos tempos xa nos vimos referindo á necesidade de adoptar unha serie de medidas pecautorias de cara a salvagardar a seguridade pública na propia Torre dos Moreno e nas inmediacións. E hoxe, tendo en conta os informes dos técnicos, os informes de Intemac e todas as recomendacións solventes que nos indican que debemos adoptar medidas, decretei iniciar os traballos para un apuntalmento da parte máis afectada da Torre dos Moreno e tamén unha serie de medidas de seguridade como será o peche ao tráfico e peatonal da rúa Villandrando durante o tempo preciso para a realización destes traballos e tamén o valado dunha parte do Cantón dos Moreno".

Suárez Barcia sinalou que "esta decisión, que se adopta en aras da seguridade pública, está comunicada tamén aos departamentos pertinentes da Xunta, dado que o edificio foi declarado BIC (Ben de Interese Cultural) hai anos e agradezo positivamente o apoio que espero que a Xunta nos próximos tempos lle otorgue ao Concello de Ribadeo para, entre as dúas institucións, traballar estreitamente co fin de lograr que este edificio non se veña abaixo e desde logo para lograr que non teñamos que lamentar desgracias persoais causadas por algún desprendemento deste inmoble".

O alcalde de Ribadeo manifestou que "desde esta mañá persoal do Concello está a levar adiante os traballos preparatorios para o apuntalamento que se realizará nos vindeiros días. Primeiramente hai que acondicionar os terreos cunhas zapatas de formigón e cunhas bases moi específicas, que a empresa Intemac nos está a indicar que debemos preparar e a partires de aí instalaránse unha serie de puntais metálicos, que poidan garantir unha seguridade e resolver esta cuestión de emerxencia. E despois de todo isto haberá que avanzar noutros asuntos coma unha serie de rehabilitacións deste inmoble, onde os propietarios particulares da Torre dos Moreno, que son a maioría, terán que facerlle fronte na parte que lles toque". Fernando Suárez engadiu que "e algo que vai a cambiar ou que cambiou o esquema que o Concello viña mantendo con este edificio, pero non deu resultado e estivo a provocar un deterioro acelerado nestes últimos anos deste inmoble, que aínda sendo patrimonio de todos moralmente é patrimonio duns cantos que están en Madrid, Galicia ou América. Moitos deles son uns indolentes por toda esta situación, que o día menos pensando nos pode dar un susto, polo tanto e sin ter o Concello a maioría da propiedade (só o 21%) está obrigado a tomar estas decisións e podemos considerar que o día de hoxe é o que marca o inicio dunha relación diferente entre o Concello e a Torre, na relación co noso patrimonio histórico e co noso casco vello de cara a melloralo de maneira radical nos próximos tempos".  

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo