FORON DESCUBERTAS NAS ÚLTIMAS HORAS NA CASA DA RÍA
Policía Local e Garda Civil están a investigar a autoría das pintadas realizadas na Casa da Ría contra o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, e contra o goberno municipal. Fernando Suárez di que se trata dunha acción ao máis puro estilo da camorra ou da mafia siciliana.
O alcalde, Fernando Suárez, denunciou a situación polo que supón, sobre todo, para o patrimonio municipal, "estamos a falar dun edificio público e haberá que gastar moitos cartos para arranxar a desfeita realizada no seu exterior". O rexedor subliñou que "si dalgún xeito o que pretenden con estas pintadas é acobardarnos e amendrentarnos tanto ao concelleiro de Medio Ambiente como ao goberno municipal non o van conseguir. O que conseguirán será todo o contrario. Moi ben o debemos estar a facer para que determinados individuos se adiquen a levar adiante este tipo de accións".
Suárez Barcia considera que "isto é igual que a camorra ou a mafia siciliana, trátase dun feito propio de xente enferma, pero nós seguiremos a traballar con honradez e rectitude, dicindo sempre as cousas á cara e dicindo sempre a verdade”. O alcalde de Ribadeo non quere “ser acusador de ninguén, pero chama a atención que isto se produza despois de ter dito nesa parroquia algunhas verdades hai tempo, que igual a algún non lle gustan".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo