Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto vista Ribadeo

RIBADEO NON CHEGA, SEGUNDO O INE, AOS 10.000 HABITANTES

De novo 13 concelleiros

02/12/2010

O Concello contará con 13 edís despois das vindeiras eleccións municipais. O Instituto Nacional de Estadística ven de comunicar que son 9.988 as persoas contabilizadas no seu rexistro e que polo tanto o número de concelleiros que lle corresponden a Ribadeo son 13. O alcalde, Fernando Suárez, sinala que isto non suporá ningún perxuizo para o concello e que a economía municipal aforrará o gasto de facer novas sillas, de ampliar a mesa de sesións e o pago das dietas  a catro novos concelleiros.

O rexedor quixo "comentar unha noticia que desde o punto de vista económico quizáis non teña moita trascendencia aínda que sí desde as quinielas electorais que están tan de moda aquí en Ribadeo, sobre si o Concello vai ter 17 edís ou 13 por ver si o INE ía aceptar a reclamación que había para sobrepasar os 10.000 habitantes. No día de hoxe o Instituto Nacional de Estadística, a través dunha comunicación, cifra en 9.988 persoas as que están no seu rexistro, non acadamos as 10.000 necesarias, polo tanto despois das vindeiras eleccións Ribadeo contará con 13 concelleiros e non con 17, aínda que o noso padrón de veciños ten más de 10.200 persoas, pero esas disfuncións sempre son normais entre os rexistros municipais e os estatais".

Suárez Barcia sinalou que "máis aló desta diferencia os coeficientes de ponderación e de participación nos tributos do estado non cambian por ter máis ou menos de 10.000 habitantes, eses coeficientes cambian en concellos que pasan a 5.000 ou a 20.000 veciños. Ribadeo aforrará o custe de facer catro novas cadeiras, aforramos de refacer e de ampliar a mesa do salón de sesións e aforramos de pagar as dietas a estes catro novos concelleiros". E engadiu que "desde o punto de vista da proxección electoral o importante non é si hai 13 ou 17 concelleiros, o importante é que a xente confíe nun e que vote a unha persoa, a unha formación política, polo que a norma básica da lei electoral é que os concelleiros son asignados cos votos que teñen máis aló do número de edís que teña esa Corporación".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo