Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

PAGO POR APARCAR E CREACIÓN DE MÁIS PRAZAS A DEBATE

Zona ORA

11/11/2010

No pleno que se celebrará a vindeira semana no Concello someterase a aprobación inicial a ordenanza fiscal reguladora da taxa por estacionamento de vehículos na zona ORA. O Concello cobraría 20 céntimos pola primeira hora de aparcamento e estudia tamén a creación doutras 30 prazas máis na rúa José Vicente Pérez Martínez. 

O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que "hai dous anos e pico que se puxo en marcha este sistema de disco, que para min funciona razoablemente ben, pero á vista de que desde hai tempo sobre todo por parte dalgún partido da oposición se facía incidencia na necesidade de melloralo e en que todo o mundo poida obter a calquera hora un ticket que valide un aparcamento temporal aí, por iso propoñemos agora unha nova ordenanza xa cunha zona azul clásica como nas cidades".

O rexedor explicou que "o que se pretende cobrar é algo simbólico dado que na primeira media hora serán 20 céntimos e logo vai subindo por fraccións ata dúas horas como máximo cun euro de custo. Iso faise así para lograr a rotación, dado que si algo é gratuito os coches non se moven e non cumpre a finalidade do estacionamento limitado de tempo que perseguimos desde o principio".
Suárez Barcia sinalou que "de todo isto son coñecedores na Asociación de Comerciantes de Ribadeo, eu plantexéillelo ao seu presidente e á súa directiva e están de acordo, así como na proposta de ampliar a superficie de aparcamento na zona ORA. Hai que recordar que na actualidade hai 70 prazas en zona azul e agora preténdense incorporar tamén 30 prazas máis na rúa José Vicente Pérez Martínez, esto suporía para Ribadeo pasar das 70 prazas actuais a 100".

O rexedor agarda que "isto vaia adiante dado que este diñeiro que pretendemos cobrar, aínda que sexa pouco, irá destiñado a costear as máquinas expendedoras que hai que instalar, ao papel e tamén ao seu mantemento".

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo